Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 23, 2015
Start: 23/02/2015 10:20
End: 23/02/2015 11:10

Este vindeiro luns temos unha charla organizada polo concello de Pontevedra sobre a Educación Vial para os nenos de cuarto e sexto de primaria.

Ensinarannos as normas básicas de circulación se imos pola rúa tanto camiñando como en bicicleta, monopatín, etc...

Venres Febreiro 27, 2015
Start: 27/02/2015 09:30
End: 27/02/2015 10:30

Este venres temos un obradoiro de química na que imos a investigar facendo distintos experimentos. Outra forma de aprender.

Xoves Marzo 05, 2015
Start: 05/03/2015 09:30
End: 05/03/2015 12:45

O xoves. día 5, os alumnos de Educación Infantil5º de Educación Primaria visitan o Salón do Libro de Pontevedra. Esta vez non seremos meros visitantes, xa que aparte de ver o traballo que o cole ten exposto, os alumnos de 5º de primaria faremos un obradoiro e os nenos de 5 anos asistitán a un contacontos.

Que ganas temos de ir!

Luns Marzo 09, 2015
Start: 09/03/2015 09:30
End: 09/03/2015 11:30

 

Este vindeiro luns os alumnos de Educación Infantil visitarán as instalacións da Policía Local de Pontevedra.

Nesta visita coñecerán os vehículos que a policía utiliza, as súas ferramentas e moitas máis cousas interesantes.

Luns Marzo 16, 2015
Start: 16/03/2015 10:20
End: 16/03/2015 12:30

O luns día 16 de Marzo teremos no cole un taller de dobraxe no que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º. Que pasada. Xa nos está tardanado.

 

Os alumnos do segundo ciclo faranno na segunda hora e os do terceiro ciclo na terceira.

 

Mércores Marzo 18, 2015
Start: 18/03/2015 09:30
End: 18/03/2015 14:30

O víndeiro mércores nos visita xente da emisora de radio Onda Cero. Viviremos a experiencia de gravar un conto para despois poder retransmitilo nas ondas.

Xoves Marzo 19, 2015
Start: 19/03/2015 09:30
End: 19/03/2015 14:30

Seguimos co proxecto Ponte Europa dos alumnos de 5º de primaria. A próxima sesión será o xoves día 19 de marzo.

Venres Marzo 20, 2015
Start: 20/03/2015 09:30
End: 20/03/2015 14:30

O venres día 20 é un día non lectivo en toda Galicia polo que non teremos clase.

Luns Marzo 23, 2015
Start: 23/03/2015 09:30
End: 23/03/2015 11:30

Este luns temos un día liado. Os alumnos de terceiro e cuarto de primaria terán a visita de uns expertos que nos falarán do ciclo da auga: evaporación, condensacón, chuvia, ....

E, por outra banda, os alumnos de quinto de primaria, irán ás Xunqueiras a coñecer un pouco máis da nosa paisaxe.

Martes Marzo 24, 2015
Start: 24/03/2015 13:40
End: 24/03/2015 14:30

O martes, día 24, contaremos de novo coa visita de Diego Castro, un corredor de 26 anos e diabético desde os 10 que nos contará como é capaz e competir a un altísimo nivel sin verse afectado por ter que controlar permanentemente os seus niveis de azucre.

Esta charla está destinada aos nenos de 1º de primaria.

Si queredes saber un pouquiño máis del aquí vos deixamos unha entrevista que lle fixeron fai pouco.

 

 

Para máis información sobre Diego podedes acceder á súa páxina Web:

http://iamdiegocastro.com/

 

Mércores Marzo 25, 2015
Start: 25/03/2015 10:20
End: 25/03/2015 12:00

Parte número dous do proxecto que estamos levando a cabo no colexio. A primeira parte consistiu no fomento do consumo de froita, dándolle aos nenos unha peza durante varias semanas.

E agora pasamos ao fomento do consumo do peixe. Está destinado a todos os alumnos do centro. Para máis información podedes pinchar na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut