Skip to Content

Xa temos GALIFIÑO

Todo o colexio, todos os cursos, desde infantil ata 6º, fixeron o martes 19 de novembro, un detrás doutro, unha actividade para chamar a atención sobre a infrautilizada biblioteca. Cada curso tiña que ir a «casiña con tellado» que hai na porta de entrada no colexio e ler alí o que logo serían as normas do divertidísimo xogo de «busca do tesouro» diseñado polo Equipo da Biblioteca. Empezariamos lendo uns bocadillos, pintados e colgados do teito, que lles falaban a todos os nenos e nenas do colexio que adiviñas tiñan que resolver. Logo de superada cada proba o mesmo bocadillo os mandaría a outro e así durante media hora ata a adiviña final que estaba na porta da biblioteca. Neste bocadillo final, a cada curso, se lle mandaba transportar dous obxectos a «casiña con tellado» que así se ía construíndo e convertindo nun galiñeiro: a casiña da nosa mascota da lectura: o pitiño Rufiño.

Foi divertidísimo,  os nenos e nenas  pasárono moi ben,  aprenderon moitas cousas e, tal vez o máis importante, empezaron a aprender moitas máis. O camiño está aberto, andemos!

As fotos de como se fixo todo AQUÍ



story | by Dr. Radut