Skip to Content

Da ovella á madeixa

22/04/2015 09:30
22/04/2015 13:45
Europe/Madrid

Saída educativa destinada aos alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º na que visitarán a aldea do Salgueiral. Esta saída pretende mostrarlle aos nenos o proceso tradicional de obtención e tratamento da lá.

 

A participación no proceso artesanal da lá pretende achegar aos escolares a unha parte da nosa historia, realizando de xeito tradicional o custoso proceso de transformación da la de ovella en prendas de primeira necesidade como a roupa. Traballos como o da la conforman unha actividade tradicional da sociedade galega que, ademais, constituíu unha das bases da economía doméstica e do sustento familiar nun pasado que non queda moi lonxe.

A proposta encamíñase a revivir dun xeito lúdico este proceso. Viviremos a hospitalidade dos veciños/as do Salgueiral, que nos acompañarán e explicarán de primeira man unha tradición como a da la. Veremos como esa actividade forma parte das súas raíces, xa que a practicaban os seus antepasados, e contarannos como os axudou a subsistir xeración tras xeración ata hoxe en día. Reflexionaremos, igualmente, sobre a necesidade de conservar esas tradicións e coñecementos populares.

 

Pinchade na imaxe para máis información

 



event | by Dr. Radut