Skip to Content

Plan Proxecta

Este ano estamos a participar no Plan Proxecta co programa Máis e Mellor Actividade Física (MMAF) que, realizaremos durante o curso 2015/16 .

Ten como finalidade posibilitar unha acción transversal e común das materias de Ciencias Sociais/Naturais e Educación Física, dentro das Competencias Clave, que  incentive hábitos de vida activa e saudable e prevención de enfermidades a través do incremento de actividade física.

Os contidos deste programa serán impartidos de xeito interdisciplinar, coa colaboración dos mestres de  1º curso, que imparten a área de Ciencias Sociais/Naturais, e do mestre de Educación Física.

Os Obxectivos xerais que perseguimos son:

1.      Facilitar un incremento da cantidade diaria de actividade física, como hábito saudable.

2.      Posibilitar a adquisición das competencias, a educación en valores e os coñecementos relacionados coas materias.

3.      Relacionar a práctica de actividade física e o coñecemento e relación co medio, mellorando o tratamento da información e competencia dixital a través  das novas tecnoloxías como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias.

4.      Fomentar o deporte e a actividade física como medio para o coñecemento do seu corpo.

 

No referente ás actividades iremos plasmando neste blogue as experiencias do alumnado:

XOGOS POPULARES (MAGOSTO)

Aproveitando a celebración do Magosto realizamos no patio distintos xogos que pretendemos sexan un incentivo para a práctica posterior nos recreos (zancos, trompos, soga-tira, carreira de sacos, bolos, chapas, saltar á corda e pano).

Estamos promocionando os xogos populares nos recreos, sendo o venres o día da semana reservado para a práctica dos mesmos.

OS COGOMELOS

 No mes de novembro coa colaboración da asociación Brincabois realizamos unha saída polos montes da contorna na búsqueda de cogomelos. Primeiramente asistimos ás explicacións do tipos de setas e as características do mundo micolóxico.

 

VISITA DE DEPORTISTAS

No mes de decembro estivo con nós un representante do Teucro S.D. que explicou o funcionamento do balonmán base no seu clube e animou aos nenos e nenas a que probasen nas escolasa deportivas.

 A finais de xaneiro viñero ao centro dous xogadores do C.F. Pontevedra, que ademáis de asinarlle uns autógrafos aos cativos, faláronlles de hábitos saudables e a importancia do deporte.

EDUCACIÓN VIAL

Aproveitando o tema 4 de Ciencias Sociais “ A rúa ” realizamos varias actividades de educación vial. Aprendemos e debuxamos algunhas sinais, as normas básicas e visionamos un corto sobre pautas para os peóns e os ciclistas. Posteriormente, no ximnasio, realizamos un circuito que simulaba as rúas dunha cidade. Uns eran policías (vixiaban o cumprimento das normas e ata tiñan unha comisaría), outros peóns e o terceiro grupo vehículos (coches, taxi, autobús e ambulancia).

 

 FROITA NA ESCOLA

Ao igual que o curso pasado, desde o centro, unha semana ao mes repártese para todo o alumnado de froitas frescas propia da tempada. Ven é sabido a importancia do consumo de froita, e por iso plantexamos unha cartilla por puntos: para “premiar” a quenes consuman máis froita no recreo (sendo de obrigado cumprimento que a traian alomenos tres días da semana, outro un lácteo e o venres será de libre elección).

Por outra banda, tamén nos servimos de material de apoio como unha guía dos Bolechas, e regalámoslle a tódolos nenos e nenas un marcapáxinas cun calendario coa froita típica de cada tempada.

 

 



paxina | by Dr. Radut