Skip to Content

Blogue de ramallosa

MOCHILAS SOLIDARIAS

A Obra Social La Caixa, a ANPA Río Tella, o CEIP A Ramallosa e o Concello de Teo uniron os seus esforzos para previr a exclusión social dentro do ámbito educativo do CEIP A Ramallosa.

Na web da ANPA Río Tella podes atopar toda a información sobre esta nova.

Fotos do Entroido

Xa están na galería gráfica do colexio as fotos das aulas do Entroido

deste ano.

Preme aquí para entrar ou abre as galerías dende o enlace

da parte superior desta páxina.

 

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2015-2016

Aquí podedes consultar o calendario para o vindeiro curso, coas festividades locais e galegas establecidas no calendario laboral.

Memoria do curso 2014-15

No seguinte enlace pódese consultar a memoria do curso que ven de rematar.

MEMORIA 2014-15 DO CEIP A RAMALLOSA

Relación de libros de texto para o curso 2015-16

No documento adxunto deixamos toda a información sobre os libros de texto para o vindeiro curso (premer no texto "1 adxunto" da esquina inferior dereita desta mensaxe, e posteriormente no nome do arquivo que aparece)

É importante destacar que os libros de 4º de E.P. son diferentes aos de anos anteriores. No resto dos cursos non hai cambios, pero o material de 3º de primaria non se deberá mercar ata setembro.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro no teléfono 981 80 90 56.

"Na rúa e na escola, o galego mola"

Con este vídeo queremos concienciar a toda a nosa contorna da importancia de conservar e potenciar a nosa lingua como un dos máis grandes patrimonios dos que dispoñemos.

Esperamos que vos guste, grazas a todos e todas os que colaboráchedes na elaboración do mesmo.

Difundídeo.

(Equipo de Normalización da Lingua Galega)

LIBROS DE TEXTO 2014-2015

 

Dende o seguinte enlace podedes ver o listado de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2014/15.

ENLACE

 

 

Estamos en outono

 

 

 

 

 

 

 

 

Misterio no faiado

MISTERIO NO FAIADO

Estando no faiado a Carlos e a Xacobe sorprendeunos un forte ruído:Plas!Racaplas!Plas! Oíuse de súpeto. Os rapaces non sabían onde meterse,era tal o susto que lle tremían ata zapatos. Pasados uns segundos miráronse e Carlos dixo:

-Oíchelo!

-Como para non oílo-contestoulle o seu irmán

Entre os dous decidiron ir mirar de onde podería saír semellante estrondo. Empezaron pola parte de abaixo. Nada sospeitoso na cociña, no garaxe...nada de nada. Subiron aos cuartos aínda no medo no corpo. Pegadiños, pegadiños un atrás do outro , pero ... nada . Tampouco atoparon o que buscaban. Tiñan toda a casa remexida , buscaran ata debaixo das camas. Xa rendidos sentáronse no corredor , fíxose un silencio. Voltaron a mirarse e...O ruído sentiuse de novo,aínda que non tan forte e máis constante. Enchéronse de forza e foron seguindo o son. Deron ata a porta do faiado,o ruído viña de alí.

-Buff!-dixo Xacobe tremendo outra vez.

-Veña non sexas medicase sobe -contestou Carlos facéndose o valente.

Alá foron os dous , e... unhas caixas con xoguetes vellos estaban tiradas no chan . Alí atoparon parte da súa preocupación, pero...quen tirara esas caixas?Deron un paso máis e alí estaba , con cariña de non facer ningún mal , como se a cousa non fora con ela.

-Missi ! Eras ti ! - Berraron os dous irmáns á vez.

A súa gata estaba a piques de ter gatiños e só buscaba un sitio para poder telos tranquila e quentiña. Carlos e Xacobe quedaron tranquilos e ata se lle escapaba algunha carcaxada recordando o momento.

Damián Noya Tojo

 

Gayin est le site de rencontre gay à nice http://nice.gayin.net: Rencontre gay Nice en chat webcam avec annonces et plan gay

Misterio no faiado

 

Un conto de misterio de Damián Noya Tojo.

Preme aquí para lelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut