Skip to Content

Blogue de Óscar

Actividades Ed. Musical

MAGOSTO 2022_23

Un ano máis, este xoves día 10, celebramos o magosto!

Unha xornada de festa!! Con xogos tradicionais, a música da "UkeBand", e os "Ghaiteiros ramalloseiros", as brasas para as castañas asadas e un feixe de actividades, fixeron as ledicias dos nenos/as e familias do cole que nos acompañaron.

Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e vídeos deste fermoso magosto!!

Magosto 22_23

 

 

 

Preme aquí se queres ver os vídeos: ver vídeos

"Os Monifates no Camiño"

E chegaron Os Monifates!!

Unha actuación que tivemos a sorte de disfrutar grazas á coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega co apoio do Programa Cultural do XACOBEO 2021_22

Co seu peculiar carromato, os dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal. Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo pensado para toda a familia, marabillándonos coas historias das súas personaxes. Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns, pono baile nun improvisado escenario para goce e divertimento do público asistente. Un espectáculo que marabillou ao noso alumnado de 4º de Ed. Primaria

Monifates

SAMAÍN 2022_23

Un ano máis, no centro celebramos a rachar o noso SAMAÍN!!

E na área de inglés o noso irmán anglosaxón, HALLOWEEN!!

Podes coñecer máis sobre a orixe desta festa no video desta publicación.

Como xa sabedes, debido á predicción meteorolóxica tivemos que cancelar a celebración conxunta do magosto.

Agradecer ás familias a vosa colaboración na xa habitual e espectacular exposición de cabazas. Así como noutras actividades planificadas; merendas terroríficas, "disfraces"... O mesmo en canto á implicación de todo o profesorado e do espectacular equipo de cociña que temos. Que volveron a ofrecer aos nenos/as un menú terrorífico, rico rico.

Destacar tamén a actuación intinerante polas aulas do centro da nosa "Uke-Band". Que deleitaron a todo o alumnado co noso himno oficial desta festa. O "SamaGosto".

Premendo na seguinte imaxe poderedes ir vendo un montón de momentos divertidos que viviron as vos@s pequechos!!

Aínda non están todas, pero pouco a pouco iremos achegando todas as fotos ao mesmo enlace.

Samaín 2022_23

Descubre esta nova e molona canción do Samaín""

"Construindo PATIOS VIVOS: "TUBOS SONOROS"

Tubos sonoros_Patio Ed. Infantil

- Preme na imaxe para ver a nova e outras fotografías -

Convite ao "I Congreso de Innovación Dixital Educativa - DixInnova2022"

 

- Preme nas imaxes para ver a nova -

PREMIO "PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS"

Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Nota de prensa

Proxecto "Recollida das imaxes e podcast do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" (Ponte nas Ondas)

Premede na imaxe para ver todo o traballo realizado neste Proxecto; Fotografías das familias, programa de radio, presentacións coas fotos...

Paco Nogueiras!!

Por cortesía da nosa ANPA, tivemos a visita do músico compostelán Paco Nogueiras, que presentou ao alumnado de Ed. Infantil o seu último libro-disco; EXTRA. Pero tamén tivemos a ocasión de escoitar os seus grandes éxitos de Brincavai e outros. Grazas Paco!! Pasámolo pipa!!

Paco Nogueiras

- Preme na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actuación -

1º CERTAME, "PROXECTO CÓNTAME UN CONTO"

Esta semana tivemos a oportunidade de vivir uns momentos máxicos no "1º Certame" do Proxecto "Cóntame un Conto", promovido polo "Museo do Pobo Galego" e a "Fundación Antonio Fraguas" a través do APOI. A gala celebrouse no maxestuoso "Teatro Principal" de Compostela e estivo cargado de emocións!!
Os ramalloseiros levamos contos, música en directo, música na rúa,... Ata aproveitamos para facer unha tournet cultural no casco histórico co profe Xabi.
Mil grazas a todo o alumnado, profesorado e familias que participaron no proxecto. E tamén aos discentes implicad@s ao máximo nas actividades musicais; "Grupo de música tradicional", Tanxugueiriñas", "Galeg@s troupe".... Son todo un exemplo a seguir!!
Xa podedes ver o vídeo resumo da actividade, os contos e outra info do proxecto premendo na seguinte imaxe:
CÓNTAME UN CONTO_CERTAME

"21 DÍAS CO GALEGO+" RETO CONSEGUIDO!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+". Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

Distribuir contido


by Dr. Radut