Skip to Content

Blogue de Óscar

Actividades Ed. Musical

"TÍRALLE DA LINGUA"

Aquí vos deixamos os gañador@s de cada nivel/curso para o concurso "Tíralle da Lingua". Este venres presentamos as propostas seleccionadas, e se todo vai segundo o previsto, o vindeiro 30 de novembro darán o "fallo" dos premios.

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes dar o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

 

ENTREGA DE PREMIOS @S GAÑADORES DO COLE:

Aproveitamos a conmemoración do 25N, para facermos a entrega dos Premios do Centro aos gañador@s. Aquí vos deixamos as fotiños!!

 

Premio ENREGUÉIFATE 2020

Hoxe mesmo, chegou o Trofeo e o Diploma acreditativo, do premio á regueifa máis reivindicativa, que conseguíu o alumnado de 6º o curso pasado no "ENREGUÉIFATE 2020"

Este ano, máis que nunca, e debido ás circunstancias que estamos a vivir... Queremos compartilo con toda a comunidade educativa e adicárvolo con todo o noso cariño!!

 Trofeo EnreguéifateDiploma Enreguéifate

Vídeo-creación de benvida ao futuro alumnado do centro!

Como sabedes, este ano, debido ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo COVID 19, non puidemos facer a habitual visita ao centro do alumnado que entra novo no cole o vindeiro curso escolar. De aí que editaramos esta vídeo-creación para que os novos ramalloseir@s e as súas familias poidan coñecer un pouquiño máis de preto as nosas dinámicas de traballo. 

Unha aperta ben grande e bo verán a toda a Comunidade Educactiva deste CEIP da Ramallosa, do que todos nos sentimos máis que orgullosos de formar parte.

O CEIP da Ramallosa premiado no "ENREGUÉIFATE"

Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria, foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa. 

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasadoEcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.

 

Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns. 

 

Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística.  Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", un Karaoke da mesma e un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATEParabéns regueifeir@s!

 

 

  

SORPRESIÑAS NESTE DÍA DE FIN DE CURSO!!

Bo día Ramalloseir@s!!

Como sabedes, hoxe remata o curso 2019-20. E non podiamos facelo, sen deixarvos unha sorpresiña a tod@s! Especialmente, ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, que remata a súa andaina no noso cole, para empezar unha nova etapa nas súas vidas cursando a ESO.

Por iso, desta volta, son el@s @s protagonistas principais deste agasallo que vos preparamos con todo o noso cariño!! Como “compensación” por non poder facerlles o habitual Acto de Gradación que se merecen.

Agardamos que desfrutedes destes vídeos que fixemos con todo o noso cariño para vós. E que pasedes un verán xenial!! Uns recargando pilas para vernos en setembro de volta ao cole e os maiores, xa no insti, vivindo novas experiencias.

Unha aperta ben grande de todo o profesorado, cociñeir@s, coidador@s... E do noso súper conserxe. Temos moitas moitas ganas de volver a vervos!! Bicosss!!  

LETRAS GALEGAS & CONCURSO ENREGUÉIFATE

No día das Letras Galegas, tivemos un feixe de sorpresas!!

* Empezamos coa Proposta que enviamos ao concurso ENREGUÉIFATdo alumnado de 6º de Ed. Primaria. Aquí vos deixamos a nosa "EcoRegueifae tamén unha "versión karaoke" da mesma!!

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participa neste concurso, pero desta volta, e dadas as circunstancias, facémolo cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do "Proxecto EcoTeo", que levamos a cabo no cole. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano!!

Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Agardamos que vos preste vela!! E animádevos a cantala co Karaoke!!

 

* O voso compañeiro Pedro Sánchez Picado, (de 4ºB), compártenos unha interpretación fermosa á "marimba", do noso Himno Galego. Un agasallo ben especial para conmemorar esta data tan sinalada das "Letras Galegas. Non vola podedes perder!! Grazas Pedro!!

 

Entroido 2019-20

Aquí iremos publicando todas as montaxes das actuacións do proxecto "O Circo", que empregamos como temática para a celebración do entroido deste curso escolar 2019-20

Agardamos que vos preste velo! Especialmente nestes momentos tan complexos Sorriso

Ramalloseir@s por mar e terra!!

Aquí vos deixamos unha video creación do profesorado e demais profesionais do CEIP da Ramallosa adicado a vós, alumnado e familias do centro!

A idea xurdíu pincipalmente co obxecto de aportar o noso granciño de area, recargándonos tod@s as pilas e revivindo un mar de emocións que a tod@s nos percorren o corazón dada a situación causada pola alerta sanitaria do COVID 19.  

Nestes tempos tan complexos que nos está tocando vivir a tod@s , o profesorado e demais profesionais do CEIP da Ramallosa, queremos que nos sintades máis cerca de vós que nunca!! Agardamos que vos gusteSorriso

Estamos desexando volver a abrazarnos tod@s e dármonos un feixe de aloumiños!

Mentras tanto, aquí estaremos para facervos todo máis levadeiro. Ánimo, que xa falta menos! 

E mil grazas!! Alumnado, familias... Por remar ao noso carón nestes momentos tan difíciles. Este aplauso vai para vós ramalloseir@s!

CEIP da Ramallosa (Teo - 03/04/2020)

 - Música - 

ACadaCanto:  "Teu nome por mar e terra"

bensound.com:  "Jazzy Frenchy"

 

"BAILANDO CON ROSALÍA" (24F)

Aquí vos deixamos a lembranza da actividade homenaxe a Rosalía de Castro, proposta entre outras para conmemorar esta data (24 de febreiro). Un obradoiro de baile a nivel de centro, no que se pretende facer o mesmo que facía a escritora, darlle valor á nosa cultura galega en todas as súas formas. Para isto contamos coa inestimable colaboración da profesora de baile Galego "Gabriela Casal Alfonsín" (mestra en prácticas no centro durante a segunda avaliación). Gracias compi!!

 

 

"As árbores da fraga"

Velaquí a canción que tiñamos previsto cantar e tocar co ukelele con motivo da conmemoración do "Día da árbore e a poesía", o pasado 21 de Marzo. Dados os acontecementos pensamos retomala para cantar o vindeiro 5 de xuño, coa celebración do "Día Mundial do Medio Ambiente

Resultado de imagen de gif árbol  Resultado de imagen de gif árbol

Distribuir contido


by Dr. Radut