Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Días Distintos

Dando a Lata pola Paz

Este curso  a nosa mensaxe de  PAZ resoou a ritmo de latucada. Uníndonos ao proxecto ”Latas pola Paz”, unha iniciativa da ONG malagueña Admundi.

Regalamos contos de Paz: os axudantes de biblioteca traballaron como contacontos durante este mes, preparando contos e contándollos, na biblioteca, aos compañeir@s

Para ler máis Visita Bloguesquío, o blog da biblioteca

No ámbito Artístico musical:

Decoramos latas.

As técnicas empregadas foron moi variadas, cada cal máis creativa. Pintadas, pegando papel, con plastilina, con papel adhesivo, etc.

   
 

Adaptamos a canción O Mundo é Grande de Mamá Cabra ao tema do proxecto: A volta ao Mundo con Efrén

Escribimos  unha nova estrofa da canción ROCK SEN GUERRA, o noso himno á Paz, esta é a nova estrofa: 

A nosa viaxe vai comezar

Unha volta ao mundo imos dar.

Enche a maleta de ilusión e paz

Súbete a bordo vai ser xenial!

Segue o ritmo e canta.

Ven a dar a lata

 

Dando a lata. Voces e latas resoaron pola paz e tamén disfrutamos dunha sesión de xogos colaborativos.

 

No ámbito periodístico:

Escribimos  artigos periodísticos de temática solidaria e sensibilidade social e publicamos a 3º edición do suplemento Reporteiros pola paz.

Máis fotos na galería de imaxes

 

Día de Rosalía

Coma todos os anos, o día 24 de febreiro celebramos o nacemento de Rosalía cunha homenaxe á poeta.

Cada clase elixiu un dos poemas de Cantares Gallegos, obra que no 2013

celebra os 150 anos da súa publicación. Os nen@s memorizárono e gravamos o resultado. Algúns ata se convertiron en poetas e dedicaron os seus versos a Rosalía.

 A poesía de Rosalía de Castro ofrece infinitas formas de lectura segundo o momento do día no que a lemos, segundo o noso estado de ánimo , a compañía ou o lugar que eliximos para lela.

Ademais, o recitado de poemas axuda a desenvolver a imaxinación e a creatividade , a cultivar a nosa capacidade de concentración e memoria e, ao mesmo tempo, esperta emocións , sentimentos e pensamentos que alimentan a nosa vida para sempre.

 

Alumn@s de 1º de EP  

 Alumn@s de 2º EP                                 

               

Alumn@s de 2º Ciclo

 

Alumn@s de 5º EP

Alumn@s de 6º EP

Alumn@s de E. Infantil 

 

 

O Noso Entroido

Este é o vídeo que resume o noso desfile e as comedias do Entroido deste ano.

Benvidos aos 1º Xogos Olímpicos de Toén!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own slideshow

Entroido: Con Efrén nos Xogos Olímpicos

Como este ano estamos desenvolvendo en todo o cole o proxecto Con Efrén nos Xogos Olímpicos, decidimos que esa sería a temática dos disfraces deste ano.

A celebración arranca co xoves de comadres e o seguinte xoves tamén corremos os compadres. Vaia troula!

Como @s profes están obsesionados coa a actividade física, aproveitan todas as celebracións, festas e conmemoracións para levantarnos da cadeira e exercitar os músculos,...que non todo vai ser cultivar neuronas...!

       

Durante a semana cumprimos os MANDADOS DE EFRÉN:

Luns: 

A COMPETICIÓN COMEZA

Unha cinta deportiva, casco ou viseira…

porás na cabeza.

Martes:

XA ESTÁS CLASIFICADO!!!

Xa está feita a selección

no corpo porás algunha prenda

que che valga para a competición.

Mércores:

ESTAMOS NA FINAL

Todos os deportistas

o cole virán,

con todo o equipo

para a final.

Unha a unha engadirás

todas as prendas

que trouxeches

NIN UNHA MÁIS!


 

TODAS ESTAS FOTOS E MOITAS MÁS ESTÁN COLGADAS NA GALERÍA DE IMAXES. 

Xoves:

HOXE NO COLE APARECERÁS

VESTIDO CUN TRAXE

PARA DESPISTAR.

O  venres, o gran día.

Comezamos coa lectura do pregón de Entroido

 

Houbo desfilesactuacións moi curradas e rematamos co baile de enmascarados... no que participamos tod@s, alumn@s, mestres, antiguos alumn@s que non se queren perder a festa e numerosos pais, nais, avós....


@s de Educación Infantil elixiron o deporte da esgrima para os seus disfraces: 


1º EP - As artes marciais


2º EP - Os ciclistas de Toén de Troulada


3º E 4º EP - Atletas gregos


5º e 6º EP - As Sacerdotisas de Hestia, que velan polo lume olímpico


                - Outro grupo de 3º ciclo escolleu a hípica.

Ao equipo de xinetes tamén se uniu a "in-fanta", en representación da casa i-real.

Escribimos o que sería a nosa copla humorística como verdadeiras chirigotas de Toén.

     IMOS A GAÑAR 

Estamos en forma e ímolo a demostrar

día e noite adestrando tense que notar.

Nós non nos dopamos, eso é ilegal.

Nós comemos caldo que nos vai xenial.

Vimos a competir, somos atletas

e xinetes estamos aquí

Somos os escollidos do concello de Toén

Fomos seleccionados, os mellores,

ben o podes ver! Que o diga Efrén!

Nos circuítos, tamén nas pistas

imos gañar, a arrasar!

EEEEE... ai que nivel!


Podes ler a letra completa da chirigota Imos a gañar!

 

Manifesto pola paz

O día da paz non é só un día máis no ano.

Nós comprometémonos a celebralo todos os días, por iso asinamos este Manifesto que naceu na clase de educación infantil e foi medrando polas aulas. Queres oílo?

O MUNDO É GRANDE

Esta é unha das presentacións que fixeron os alumn@s de 6º, da canción O MUNDO É GRANDE, a canción escollida este ano para cantar no día da Paz.

A letra de Mamá Cabra e a música de Leroy Anderson - The syncopated clock.

As voces que escoitades son de Candela Nieto, de 2º, Águeda González e  Lucía Pérez de 6º.

Pingas de Paz

EDUCAR EN VALORES

Dispoñedes dun cartaz con actividades interactivas, contos, vídeos para traballar na aula.

So tedes que entrar no Blog da Biblioteca - BLOGUESQUÍO

Tratamos de ir salpicando a tod@s e, pouco a pouco, iremos xuntando unha marea de Paz

Cada profesor/a na súa aula está a realizar actividades para conmemorar o Día da Paz e non Violencia, pero estas son as actividades nas que participaremos tod@s en conxunto:

1ª Pinga de Paz.

LIBROS QUE ALIMENTAN

Esta iniciativa solidaria parte da biblioteca escolar.

 Organizamos  unha Feira Solidaria na que podedes "adoptar" os libros que vos interesen, e a cambio traeredes un quilo dalgún alimento non perecedeiro.

Os alimentos recollidos entregarémosllos ao Banco de Alimentos de Ourense e aos Servizos Sociais do Concello de Toén.

Polo cole xa teñen pasado moitos pais e nais e xa temos 4 caixas cheas de alimentos.



 Peo aínda quedan moitos libros que desexan ser adoptados.

ANIMÁDEVOS  e compartide a idea c@s vos@s amigos e familiares.

2ª Pinga de Paz.

O MUNDO É GRANDE. (letra Mamá Cabra e música Leroy Anderson- O reloxo sincopado)

No blog de Mamá Cabra podedes descargar esta canción e un feixe delas máis.

A canción que eliximos este ano para traballar todo o centro é O MUNDO É GRANDE, con letra de Mamá Cabra e adaptada á música "THE SYNCOPATED CLOCK" (eu sempre a voltas co inglés) do compositor Leroy Anderson.

The students in  Grades 5 and 6 and the teacher have written  the song in English,  e tamén a cantamos en inglés. 

Acompañamos con percusión de madeira, seguindo o compás, á vez que facemos unha sinxela coreografía, máis exactamente  uns sinxelos movementos de desprazamento cara dereita, cara atrás, agachámonos, facemos un círculo... sen perder o ritmo "sincopado do reloxo"

Coma todos os anos tamén cantaremos o noso himno: O ROCK SEN GUERRA.

3ª Pinga de Paz.

Os rapaces de 6º están montando e editando un vídeo baseado na canción O mundo é grande.

4ª Pinga de Paz

Na clases de 2º e 3º Ciclo están a ler o libro "O neno can" de Fina Casalderrey e Francisco Castro.

Na hora de  Alternativa reescribiremos os contos a modo de noticia.

 Podedes visitar o Blog da biblio e facer un feixe de actividades interactivas trala lectura do libro.

5ª Pinga de Paz

 

 

 

 

 

 

Escribimos un manifesto da Paz que foi medrando a medida que viaxaba polas clases.

6ª Pinga da Paz

Publicaremos o 2º número do Noticieiro pacífico.

Os rapaces convértense en xornalistas e escriben noticias sobre temas humanitarios, respecto aos dereitos humanos, resolución de conflitos, convivencia, compañeirismo, é dicir, noticias que non adoitan aparecer nos xornais.

Tamén maquetan e publican o xornal.

RECITANDO A Celso Emilio Ferreiro

DEITADO FRENTE AO MAR

O día 12 do 12 ás 12, escoitouse en Galiza un berro. Un berro que non tiña idades, unha homenaxe á nosa lingua, á nosa cultura, ás nosas raíces, ás nosas xentes... A NÓS.

No ano do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, tod@s estivemos no punto de encontro: alumn@s, mestres, nais, persoal laboral ... para participar nun recitado colectivo (iniciativa da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística).

Coma formiguiñas, traballamos a reo durante uns días...

  • Pintamos un mega cartel
  • Escribimos parte do poema no patio.
  • Rapeamos...

 

 Este foi o produto: dentro vídeo!!! 

 

Este é un video resumo coas fotos  do noso traballo:

 

 

RecitandoCelsoemiliO

 

 

Ao rematar o mes de decembro tamén remata o ano do centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas mais representativos da literatura galega da segunda metade do século XX. 

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística decidiu renderlle homenaxe cun acto colectivo de recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar", publicado en 1962 no libro Longa Noite de Pedra.

Nós tamén quixemos sumarnos a esta iniciativa e comezamos o pasado mércores pintando no patio os primeiros versos deste poema. (podedes ver algunhas fotos no mural de abaixo) Ata houbo mamás que nos axudaron!

 


 

Convidámosvos a que vos acheguedes ao centro o día 12 de decembro ás 12 e participedes connosco nesta actividade.

6 de Decembro, Dia da Constitución

España é un país moi antigo e formado por moitos pobos diferentes.

En 1978 o pobo español decidiu regularse por normas democráticas.

Para iso redactouse un documento que recolle como debemos comportarnos entre nós  e coas demais nacións.

É o que chamamos CONSTITUCIÓN.

  Pica na imaxe e poderás ler os artigos que forman a Constitución Española de 1978

 


A mensaxe destas dúas cancións, moi populares nos anos da transición española cara a DEMOCRACIA, aínda está vixente na actualidade, despois de máis de 30 anos: 

"Libertad sin ira", do grupo Jarcha

"Habla, pueblo, habla" , do grupo Vino tinto    

 

Aquí podedes ver o cartaz que elaboramos na clase de Ed. para a Cidadanía:

                                                              

 

E tamén preparamos esta presentación en ppt

  [video:slideshare.net/ id=10482863&doc=constitucion-111206081349-phpapp02]

O OUTONO NA ESCOLA

Estas son as celebracións, festas e conmemoracións destas datas: 

O día das bibliotecas escolares

A semana do 24 de outubro adicámoslla á Biblioteca. Diariamente, na hora de ler, achegámonos á biblioteca ou acudimos a calquera curruncho que nos pareza acolledor, xunto c@ nos@ afillad@ e lémoslle un conto.

O apadriñamento lector é a nosa actividade favorita destes días.

     
A biblio do cole foi o espazo máis solicitado             Brayan apadriñou a Joel. 

O Samaín

Ambientamos o cole, tallamos cabazas, escribimos esconxuros noxentos e outros non  tanto e ilustrámolos.

Con todos eles editamos o LIBRO DOS ESCONXUROS

Podes ver unha presentación de todas as actividades picando na imaxe da pantasma Efrén

Máis fotos na galería

O Magosto

Os profes organizaron unha Ginkana de xogos tradicionais. Participamos en todos: O peón, o xogo da ra, o xogo da cuchara e a castaña, o brilé e o Sogatira.


      

Iván Alejandro e Candela nun momento

do xogo da culler e a castaña

           Lucía e Rodrigo vestindo o peón.

 

Begoña e Lali, as profes castañeiras. Vaia enchente de castañas que nos zampamos! Estaban riquísimas!... a proba foi que as comemos todas, á vez que nos tiznabamos a cara para marchamos para casa guap@s, guap@s.

O Magosto rematou cunha canción colectiva "O outono chegou". Nós aproveitamos calquera ocasión para mover o esqueleto!!!

Podes ver máis fotos do Magosto na Galería de imaxes

O día do Nen@

Lemos O Neno Can, de Francisco Castro e Fina Casalderrey e con motivo do XXIII aniversario da Convención dos dereitos da infancia, @s nenas e nenos de 6º fixeron cadansúa presentación  en ppt.

Este é un exemplo

Dereitos nenos, presentación en ppt from Águeda Glez. (pica no título)

Máis presentacións -> no blog de 3º ciclo O Souto dos Laretas

Distribuir contido


by Dr. Radut