Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Días Distintos

Titiricircus

26 de Novembro 2012

Gustáronnos moito os monicreques do TitiricircusBeso Beso


Marionetas de fío e actores interactúan en escea nunha lembranza fantástica e festiva do grande circo .Os dous vellos traballadores que se presentaron perante os nenos e nenas lembraron esas épocas douradas para eles e, coa axuda dos monicreques que foron aparecendo, fixéronlles ver aos cativos o que aínda fica na lembranza destes entrañables profesionais.

Entroido: E ti... de quen vés sendo?

0 Entroido é unha das semanas máis divertidas de todo o curso. 
Cada día da semana, Efrén a nosa mascota, fainos   mandados que deberemos seguir.
Os mandados foron elaborados en torno ao proxecto "E ti... de quen vés sendo?"


GALERÍA DE IMAXES
O venres celebramos un desfile, ao que asistiron numerosos pais/nais.
A ANPA do colexo convidounos a unha deliciosa merenda con orellas de carnaval, bica e doces típicos.
Cada clase elaborou un disfrace dalgunha familia coñecida:
Os Incribles, Os Picapedra e Addams Family


Preparamos cancións e unha comedia que foi representada durante o desfile.
Versionamos a banda sonora de A Familia Addams. Atréveste a escoitala? LETRA E MÚSICA


As comedias tiñan moita tradición no Entroido de Mugares, un pobo do noso concello.
Os disfraces típicos eran os  Labardeiros e as Señoritas.
Cos rapaces/as de 3º, 4º, 5º e 6º preparamos unha comedia cos personaxes dos nosos disfraces:
Os irmáns Dalton, Os Simpson e a Familia Corleone
quede claro que nós tamén temos moi boas aptitudes para a farándula.
  
LIBRETO DA COMEDIA


 

AS CORES DA PAZ

Estas son as actividades que realizamos para a conmemoración do día da Paz:

Edición do caderno "As cores da Paz":
onde os alumnos/as escribiron contos, poemas, cancións, cartas, debuxos...


Elaboración de presentacións dixitais.


Sinacróstico Pacífico - recortaron en cartulinas de cores, follas de carballo e nelas asinaron.
Con cada letra do seu nome crearon un acrósticos pola Paz.
Reunímolas todas nunha árbore.


Nun acto conxunto cantamos cancións (sección Actividades-Música)
Mostra dos traballos realizados co proxector e participamos nunha xornada de Xogos Cooperativos.


A árbore dos Desexos

Durante estes días decoramos a árbore de Nadal 

 Cada un decorou unha bóla navideña:

Por un lado primaba a orixinalidade e creatividade  e polo outro escribimos un desexo e/ou propósito para o vindeiro ano.

Seleccionamos algunhas coas que montamos esta presentación en formato dixital para felicitar o Nadal en Galego.

                           Que desexas ti este Nadal?




Magosto na escola

O magosto é moito mais que comer castañas asadas.

É ir ao monte, pisar as follas, abrir os ourizos sen picar os dedos, encher a bolsa coas castañas...

A castaña Toniña

Tamén é buscar leña e acender a fogueira ... E fume... o magosto tamén é fume ...

E, cando temos unhas boas brasas, tamén é asar as castañas  e, por último, pintar a nosa cara e as dos amigos cos tizóns aínda algo quentes.

O menos importante é comer as castañas.

Este ano non poidemos ir ao monte a facer o noso magosto, tivemos que quedar na escola porque fixo moi mal tempo... pero pasámolo ben igual.

Acompañounos a Castaña Toniña, que fixemos entre tod@s e tamén "tuneamos" castañas (os mais pequen@s contaron coa inestimable axuda das súas mamás ou papás)

Queredes ver as fotos do magosto no cole? Picade AQUI

E AQUI tendes as fotos  das castañas tuneadas

O Samaín

A noite do 31 de outubro é noite de Meigas, de Demos, de Monstros, de Vampiros chuchasangue... É A NOITE DE SAMAÍN!

Arañas mutantes teceron as súas teas por todos os recunchos do cole...
QUE MEDO!

Cantamos e Bailamos cancións terroríficas:

"O Samaín" de Mamá Cabra
"Thriller" de Michael Jackson
 

Na "caixa dos medos" iamos metendo contos e debuxos que representaban as nosas fobias.

Unhas bruxas boas fixeron un esconxuro para que todos os nosos medos se perderan na noite. Bebemos a apócema (que sabía a zume de froitas)
quedando así liberados dos nosos pesadelos.

 Queredes ver todo o que fixemos? Picade aqui 

              

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

O Día das Bibliotecas é unha data para celebrar, da misma forma que celebramos o noso aniversario ou calquera outra data especial.

  Estivemos pensando cal sería o regalo que máis lle apetecería recibir a unha Biblio e, dedicimos que o mellor sería regalarlle... pois claro: CONTOS.

Fixemos un intercambio de contos entre as diferentes aulas:

Os nen@s de 3 anos contáronlles aos de 6º  o conto "Os tres Porquiños" e éstes regaláronlles o conto "A ladroa de palabras"
Os nen@s de 4 anos contaron o conto  e cantaron a canción "O pirata Metepata", Os de 5º  regaláronnos tres contos clásicos en verso, e o máis importante: eles mesmos escribiron os poemas. 

Os nen@s de 5 anos escenificaron "O coelliño branco". Os  de 3º  elixiron "A cebra Camila" e ata lle poidemos pintar unhas cantas raias a pobre cebra para que estivese mais contenta.

E que conto elixiron os de 4º? E os de 1º e 2º?  Pois os mais maiores elixiron un en verso : "As cores do arco da vella" . Os de 1º Ciclo contáronnos "O primeiro dia de escola"

Despois  @s pequen@s estiveron encantados de escoitar un conto lido por un dos maiores.

 

E, para rematar, tivemos un obradoiro para elaborar "mordepáxinas" coa figura da nosa mascota Efrén.

Queredes ver todas as actividades?

Picade aquí


 

Tempo de Maios

A celebración desta data comeza por adornar o Maio, este ano foron os rapaces e rapazas de 3º Ciclo.

Primeiro pasáronlle un fío todo arredor, como  unha tea de araña.

De seguido foron metendo entre os fíos o musgo, o fiúncho, as carqueixas, xestas ...

Cubrindo toda a armazón. Logo adornaron con colares de ovos, de bugallos e tamén con flores.

Nas clases preparamos coplas e cancións. Cando saímos a cantar todos levabamos coroas de flores que anunciaban

(mais ben reclamaban) a chegada da primavera, porque facía moitíiiiisimo frío.

Saímos e cantamos as nosas coplas

 Coplas de 1º e 2º Ciclo                   Coplas de 3º Ciclo                                                                                                                                                            Alumnos/as de 2º Ciclo con Efrén



Entroido: A Durmir Con Efrén

O tema do Entroido é A DURMIR CON EFRÉN.
Durante toda a semana obedecemos os mandados de Efrén que tiñan que ver coa hora de irse á cama
ou de espertar pola mañá:

Luns, día 8
Ven o luns coa bata atada, a ver se na clase
nos deixan botar unha sonada
e se o día está frío... Sempre che pode ser de abrigo

Martes, día 9
Teño tanto sono, que non fun quen
de espertar a tempo e de vestirme ben.
Ao cole vou ir en zapatillas e a medio vestir

Mércores, día 10 
Se con sono aínda estás a mantiña traerás
o edredón ou a saba...E se queres a almofada

 Xoves, día 11

Hoxe has de madrugar; 

así terás tempo dabondo 

de te disfrazar

  

Venres, día 12
Se queres esperto lucir ao cole has de vir
co pelo enmarañado ou cos rulos colocados

OS DISFRACES Os de infantil disfrazáronse de ovelliñas, por o de contar ovellas antes de durmir.
Os de 1º Ciclo ían cun camisón e unha candea (a familia Telerín).

           

Os de 2º e 3º Ciclo, de Pixamas tuneados. Convertemos os pixamas en traxes de superheroes e villanos.

               

Cada ciclo preparou unha canción para a hora de irse a durmir.
Os de Infantil un rap: "Contando ovellas"
En 1º e 2º: "Ímonos a cama"
3º e 4º: "A durmir con Efrén"
5º e 6º: "Vai a durmir
Como non estabamos de acordo en irnos a durmir preparamos unha coreografía e no desfile bailamos unha canción:I gotta feelingNós non queriamos durmir... Queriamos FESTA

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut