Saltar navegación.
Inicio

XORNADAS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Durante dúas xornadas os pais de dous alumnos de 1º que traballan no sector medioambiental acompañaron ao alumnado de 1º e 2º para explicarlles como é o seu traballo de loita contra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nosos bosques, coma os incendios forestais, a deforestación ou a perda de biodiversidade. Grazas a eles e ao equipo que trouxeron consigo aprenderon de primeira man como se organiza este equipo humano e a importancia de que todos colaboremos na conservación das nosas árbores. Xunto a eles, as nenas e nenos de 1º plantaron no patio un freixo, un pradairo, unha sobreira e unha cerdeira e colgaron casiñas para os paxaros, facendo aínda máis inesquecible esta enriquecedora experiencia!