Saltar navegación.
Inicio

Relixión

MOITAS FELICIDADES A TODOS OS ANTONIOS/AS

MOITISIMAS FELICIDADES PARA TODOS OS QUE HOXE ESTADES DE SANTO.QUE PASEDES UN DÍA MOI FELIZ! NON ESQUEZADES DE PEDIRLLE A SAN ANTONIO TAMÉN SAÚDE PARA AS VOSAS MASCOTAS.Sorriso

POEMAS PARA A PAZ

Na clase de relixión e con motivo do día da Paz os alumnos/as de 6º, traballamos a poesía para a paz.Para inspirarnos lemos varios autores.Resultou unha actividade moi creativa.Para compartir con vos este día e todos do ano, eleximos un poema de Concha Blanco.¡Disfrutádeo!

A PAZ

Venme buscar ao peirao

gaivota de mar adentro

Soa estou.

Por equipaxe levo

pena e dor

e unha ponla de oliveira

para trocar por canción.

Venme buscar.

soa estou.

Cruzaremos anchos mares

moitas fragas e desertos.´

Pedirémoslles aos gobernos

por tantos nenos famentos

que padecen inxustizas,

miseria, desatención.

Venme buscar coas túas ás.

Axúdame co peteiro.

Viaxemos día e noite

Corramos o mundo enteiro.

Que haxa Paz.

Fóra a guerra!

Que morra a fame.

fartura na terra!

subiremos ata o Sol

ata as nubes e as estrelas

coa cor de verde esperqnza

da poliña de oliveira.

A CINCENTA

O pasado 2 de febreiro o 3º ciclo do Ceip San Vicenzo viaxaron ata Santiago para poder disfrutar dunha obra musical de ópera no Auditorio de Galicia.A interpretación de Cincenta correu a cargo dunha compañía teatral catalana.Foi unha experiencia extraordinaria, porque era a 1º vez que disfrutabamos dunha ópera dentro do programa de concertos didácticos que se veñen de realizar todos os anos.O día rematou cunha partida de bolos no centro comercial a máis dunha merendola.Unha xornada moi ben aproveitada. ¡Así da gusto!Sorinte

 

MOITAS FELICIDADES A TODOS OS BRAIS!

MOITÍSIMAS FELICIDADES  OS QUE HOXE ESTADES DE SANTO.TAMÉN QUERIA RECORDARVOS QUE SAN BRAIS PÓDENOS AXUDAR CANDO TEMOS PROBLEMAS DE GORXA, ASIQUE XA SABEDES  ACÓRDADEVOS HOXE DEL.¡FELIZ DÍA!Sorinte

DÍA DE LECER PARA O 3º CICLO

OS ALUMNOS DO 3º CICLO DO CEIP SAN VICENZO VISITAN A CORUÑA.A XORNADA DE LECER COMEZARÁ NA TORRE DE HÉRCULES (DECLARADA PATRIMONIO DA HUMANIDADE) E REMATARÁ CUNHA SESIÓN DE PATINAXE SOBRE O XEO NO COLISEUM. O REGRESO TERÁ LUAR ARREDOR DAS 4:30.DESEXAMOS QUE  A DISFRUTEN MOITO!
 
   

A catedral de Santiago

Vamos a ver un pequeno video sobre a historia da catedral de Santiago de Compostela

sentímolo, flash non está dispoñible.

O BOTAFUMEIRO

A  continuación ides a ver unha pequena demostración de como funciona o botafumeiro da catedral de Santiago.Non sempre é posible velo porque funciona só en grandes celebracións aínda que este ano 2010 ó ser Ano Santo é mais fácil que podamos contemplalo.É algo impresionante que merece a pena, asique se tedes ocasión non deixedes de velo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

xacobeo 2010

OS NENOS DE 3º CICLO ESTÁN A ELABORAR UNS TRABALLOS SOBRE O ANO XACOBEO 2010: SIGNIFICADO DO CAMIÑO,CANDO SE INICIO,CON QUE FRECUENCIA SE PRODUCE, AS DISTINTAS RUTAS...... EXPOÑERANSE NO CORCHO DO PASILLO DO 3º CICLO

 

Distribuir contido