Saltar navegación.
Inicio

2º Ciclo

Actividades e novas do interese do 2º Ciclo

O ALUMNADO DE 4º MERGÚLLASE NA LINGUAXE DE SIGNOS

 

Os nenos e nenas de 4ºA aceptaron o reto e ensínanvos unha mostra do ben que aprenderon a desexar un feliz aniversario en linguaxe de signos.

XORNADAS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Durante dúas xornadas os pais de dous alumnos de 1º que traballan no sector medioambiental acompañaron ao alumnado de 1º e 2º para explicarlles como é o seu traballo de loita contra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nosos bosques, coma os incendios forestais, a deforestación ou a perda de biodiversidade. Grazas a eles e ao equipo que trouxeron consigo aprenderon de primeira man como se organiza este equipo humano e a importancia de que todos colaboremos na conservación das nosas árbores. Xunto a eles, as nenas e nenos de 1º plantaron no patio un freixo, un pradairo, unha sobreira e unha cerdeira e colgaron casiñas para os paxaros, facendo aínda máis inesquecible esta enriquecedora experiencia!

 

ANIMACIÓN Á LECTURA "¡QUE ASCO DE BICHOS!"

O mércores 3 de maio tivemos connosco unha visita moi especial para fomentar, no alumnado de 3º e 4º, a animación á lectura co título: 

 ¡Que asco de bichos! (SANTILLANA)

  

 

   

AMAZING INSECTS

Aquí vos deixamos unha mostra das maquetas do proxecto  dos insectos que levaron a cabo alumnos e alumnas de 4º de primaria en inglés. Quedaron chulísimas!!


HORTA DE 4º DE PRIMARIA

A hortiña do alumnado de 4º vai medrando con moita forza.

Que marabilla!

VISITA DE MAMÁS EN 4º DE PRIMARIA

No día de hoxe,algunhas mamás de 4º B viñeron a clase a contarnos de que traballaban. Aprendemos moitísimo sobre a xestión de comedores, sobre o coidado de persoas e sobre os laboratorios nos que analizan as nosas analíticas. 

É un placer contar con familias tan implicadas!!

OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 4º DE PRIMARIA

O día 28 de marzo, o alumnado de 4º de primaria, participou no obradoiro impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo sobre a importancia de manter unha alimentación saudable.

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

RUTA DOS MUIÑOS DE CAMBEDA OU...JUMANJI?

Este curso o alumnado de 4º está en territorio Jumanji, e o pasado 21 de setembro saíron das súas cabanas para explorar a zona.

Se queredes ver a súa experiencia mira o vídeo con paciencia. 

E se che gusta o que ves, 

a Cambeda podes ir

e o paseo facer ti.

Recorda...

Se o planeta queres salvar

a natureza debes coidar.

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

Distribuir contido