Saltar navegación.
Inicio

Secretaría, Información xeral, Admisión, Libros de texto, Transporte escolar

LISTAXES DEFINITIVAS E/OU PROVISIONAIS DE ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2024/2025.

Publicadas listaxes definitivas de alumnado que empezará neste colexio para o próximo curso 2024/2025.

 

Publicadas listaxes provisionais para os cursos onde foi necesario baremar por falta de prazas.

 

A información contida nestes informes poden consultala:

      - No taboleiro de anuncios situado no interior do centro educativo. 

      - Telemáticamente: a través da aplicación admisioalumnado empregando a Chave365 ou

         certificado dixital.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO DE NEAE

A/A FAMILIAS:

 

Aberto o prazo de solicitudes de becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Para ver as instrucións e a documentación necesaria PREMA AQUÍ.

 

Ante calquera dúbida, consultar coa Orientadora.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PARA O CURSO 2024/2025

Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025.

 

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.

 

 

Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.

. INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Podedes consultar as listaxes definitivas de Fondolibros no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio e na aplicación fondolibros/cidadán.

Así mesmo, entregaranse os cheques de libros de texto e material escolar os días 11 e 12 de xullo ou 4 e 5 de setembro na Secretaría do centro.

Horario Secretaría mes de xullo: de 10:00h á 13:00h.

SOLICITUDES PARA COMEDOR CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Seguindo as Instrucións 2/2023 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2023/2024, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 5 de xullo ao 12 de xullo de 2023.

A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:

PRAZO: As solicitudes recolleranse no centro ata o día 12 de xullo de 2023.

Un saúdo

A dirección

LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS DO FONDO

Publicadas listaxes provisionais de libros do fondo.

Podedes consultar no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio ou na aplicación Fondolibros/Cidadán.

Prazo de reclamacións: 2 días seguintes a esta publicación.

 

REUNIÓNS INICIAIS SETEMBRO 2023

A continuación recóllense as datas e horas das reunións de inicio de curso:

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Aberto o prazo de formalización de matrícula para todos aqueles nenos e nenas que comezarán neste colexio para o curso 2023/2024.

O prazo rematará o día 30 de xuño de 2023.

Podedes recoller na secretaría do centro os impresos de formalización, que deberán ser cubertos e asinados por ámbolos dous proxenitores, 

ou descargar o seguinte arquivo adxunto:

 

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 Premendo no seguinte enlace pode acceder ao listado de libros para o vindeiro curso 2023-2024:

 

 

*RECOMÉNDASE AGARDAR A SETEMBRO Á TITORÍA DE PRINCIPIO DE CURSO PARA COMPRAR LIBROS, POR SI HOUBERA VARIACIÓNS

 

 

Distribuir contido