SOLICITUDES PARA COMEDOR CURSO 2023-2024
Estimadas familias:
Seguindo as Instrucións 2/2023 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2023/2024, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 5 de xullo ao 12 de xullo de 2023.
A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:
- CIRCULAR INFORMATIVA SOLICITUDE COMEDOR
- AUTODECLARACIÓN (TRAER DÚAS COPIAS)
- SOLICITUDE PARA COLABORADOR COMEDOR
PRAZO: As solicitudes recolleranse no centro ata o día 12 de xullo de 2023.
Un saúdo
A dirección