Saltar navegación.
Inicio

Ed. Infantil

Contidos, excursións, novas, actividades do interese de Ed. Infantil

DIA DA PAZ: A REDE DOS DEXESOS

O alumnado de Educación Infantil elaborou unha obra polo día da Paz, baseada nas instalacións artísticas A CHAVE NA MAN da xaponesa Chiharu Shiota e EU DESEXO O TEU DESEXO da brasileira Rivanne Neuenschwander´s.  Convidouse ao alumnado de primaria a intercambiar os seus desexos e participar tamén nesta creación artística. O obxectivo é que os nosos desexos pola paz se estendan a todo o mundo e se fagan realidade.

 

VISITA AO MUÍÑO DE "TRAS DO MUÍÑO" E PASEO POLO RÍO DA VILA

O alumnado de infantil gozou dunha mañá de paseo para ver o mecanismo e funcionamento do muíño de "Tras do Muíño" .Despois fixeron unha camiñata pola beira do río que percorre a vila observando os elementos da paisaxe que o rodean.

ASÍ COMEZAMOS 4º DE INFANTIL

Un curso maís comezaron no cole novos nenos e nenas. Neste mes de setembro houbo xogos, risas, contos, cancións...e tamén choros, caprichos, sono...Isto último imos olvidalo e neste vídeo imos recordar os momentos bonitos. Esperamos de corazón que teñan unha boa experiencia nesta nova etapa e... a seguir medrando!!

SAÍDA DE INFANTIL FIN DE CURSO: CAMPO DA AREOSA

Como despedida do curso, o alumnado e profesorado de Educación Infantil gozaron dunha mañá no Campo de Areosa, en Vimianzo.

Alí aproveitaron para coñecer o terreo,ver os cabalos, facer unha búsqueda de tesouros, merendar todos/as xuntos e, por suposto, xogar e xogar!!

Agradecemos a colaboración da Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro por achegarnos os animais e darnos a oportunidade de poder velos de cerca.

 

     

ARTE CON LUZ NEGRA

O alumnado de 4º de Educación Infantil gozou participando no seu taller de arte con luz negra.

Que ben o pasaron!!

  

PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

APRENDENDO CON BALÚ - ASOCIACIÓN ALOUMIÑOS E CADELAR - INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS

Onte tivemos no colexio unha visita moi especial da man da asociación Aloumiños en colaboración con Cadelar, intervencións asistidas con animais. O alumnado de 5 anos realizou un taller para traballar a tenencia responsable  de animais e gozaron coa visita da súa mascota Balú.

Canto nos gustou!

 

SOMOS CREATIVOS!- Educación Infantil

Os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil divertímosnos deixando voar a nosa imaxinación para representar cadros famosos.

Aquí tedes o resultado!

 

 

SAÍDA AO CINE POLO NADAL!

DOS DOLMENS AOS CASTROS

A PREHISTORIA - O DOLMEN

Durante o primeiro trimestre deste curso investigamos un pouco sobre a prehistoria e os dolmens. Vivimos na Terra de Soneira e estamos rodeados destes monumentos, polo tanto temos a oportunidade de coñecelos de cerca. Resultou un tema ben interesante e motivador.

O noso obxectivo básico é...

Aprender a respectar o Patrimonio Arqueolóxico e entender a importancia do mesmo.

Pero o tema tamén nos permite...

Mellorar a expresión e a comprensión oral, e ampliar o vocabulario mediante conversas, contos e lendas.

Seleccionar material informativo ou elaborado sobre a prehistoria, obtido de diversas fontes.

Coñecer tipos de vivendas habituais na Prehistoria.

Coñecer ferramentas prehistóricas e o seu uso.

Identificar seres vivos: animais propios da Prehistoria e da actualidade.

Comprender a importancia do lume dende a época prehistórica.

Coñecer a importancia da caza, a pesca e a recolección.

Coñecer algunhas manifestacións do Neolítico. Gandería e agricultura, olería e a arte monumental.

Aproximarse ao coñecemento da cultura e a arte na Prehistoria.

Comprender a importancia do uso responsable e sostible dos recursos.

 

Todo isto queda recollido no seguinte vídeo, e no "caderno de traballo" das nenas e nenos que podedes ver na revista que aparece máis abaixo.

  

Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós.

  

 

Caderno de traballo

 

 

O CASTRO 

Despois de ter traballado a Prehistoria e o megalitismo no primeiro trimestre, e seguindo centrados na nosa historia, adicamos o segundo trimestre aos CASTROS.

Por outro lado, aproveitamos a cercanía do Castro A CIDÁ de Borneiro, no concello veciño de Cabana, e o Castro das Barreiras que temos na propia contorna urbana de Vimianzo.

Ao igual que nos pasara co megalitismo, atopámonos cun territorio abundante nestes monumentos. E o mesmo que no trimestre anterior, unha historia que pensamos, temos a oportunidade (e o deber) de coñecer e preservar.

 

O obxectívo fundamental que pretendemos con este pequeno proxecto é que o alumnado aprenda a respectar o patrimonio arqueolóxico e entenda a importancia do mesmo.

 

Como resumo deste traballo, podedes ver o seguinte vídeo …

 

 

 

 

Distribuir contido