Saltar navegación.
Inicio

2º Ciclo

Actividades e novas do interese do 2º Ciclo

RUTA DOS MUIÑOS DE CAMBEDA OU...JUMANJI?

Este curso o alumnado de 4º está en territorio Jumanji, e o pasado 21 de setembro saíron das súas cabanas para explorar a zona.

Se queredes ver a súa experiencia mira o vídeo con paciencia. 

E se che gusta o que ves, 

a Cambeda podes ir

e o paseo facer ti.

Recorda...

Se o planeta queres salvar

a natureza debes coidar.

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

COIDA DO PLANETA

O alumnado de 3º de primaria foi facer un tramo do Camiño dos Faros (de Camelle a Traba). Tamén aproveitou para deixar a praia aínda máis limpa do que a atopou.

CLUB DE LECTURA 4º DE PRIMARIA - EL SUPERZORRO

 

 

 

O noso alumnado de 4º de primaria expón no Club de Lectura a súa opinión e resumo do conto El Superzorro:

 


NON A VIOLENCIA DE XÉNERO- POR MARÍA PARDIÑÁS- 4º DE PRIMARIA

A alumna de 4º de primaria María Pardiñas elaborou unha pequena presentación para conmemorar o Día 25 de Novembro Contra a Violencia de Xénero,

preme na imaxe para poder descagala:

Noraboa polo traballo, María!!

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES- 25 DE NOVEMBRO "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO"- ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria traballou " A Historia dos Bonobos con Lentes" para conmemorar o día do 25 DE NOVEMBRO, no seguinte vídeo podedes ver o resultado do seu estupendo traballo:

INVESTIGAMOS O NOSO CONCELLO!- ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

As amigas e amigos de 3º están investigando sobre diferentes aspectos do noso concello. Un deses apartados son os monumentos e lugares de interese. Carmen e Jonathan fixeron a súa propia investigación e presentaron a información recollida nun vídeo. Mirade cantas cousas nos contan sobre o CASTELO e OS BATÁNS DO MOSQUETÍN!

HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER

ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA

O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.

Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:

 

 

 

 

ANDAINA DE 3º E 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de E.P fixemos unha andaina pola beira do Río Grande. Queres ver como gozaron da natureza e como nos explican que é o que viron? Bótalle un ollo o vídeo!!

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=Zr6TnhbdsEs

Costumes

Chegou o Entroido e os alumnos/as de 3º de primaria preparamos unha pequena actividade de inglés para traballar o vocabulario da roupa.

Primeiro tiñamos que disfrazar un boneco de papel, usando diferentes materiais (teas, papel, cartolinas e todo o que se nos ocurrira). Despois tivemos que escribir un texto sinxelo dicindo a roupa que levaban os nosos bonecos e por último presentamos os nosos traballos aos nosos compañeiros/as.

Aquí vos queda o resultado !!!!!! xenial !!!!!!

So cool !!!!!!

 

 

Distribuir contido