Saltar navegación.
Inicio

O NOSO NOVO RECUNCHO DE OCIO EN CONTACTO COA NATUREZA

Este curso comezamos a coa creación dun novo recuncho no noso patio para poder gozar do contacto coa natureza cos nosos amigos e amigas. Contamos coa colaboración dos papás que axudaron ao alumnado a plantar as árbores e con novos bancos, achegados polo Concello de Vimianzo, onde os nenos e nenas poden aproveitar para ler, relaxarse e relacionarse nos momentos de ocio.

Esperamos poder seguir engadindo melloras que o fagan áinda máis acolledor!