Saltar navegación.
Inicio

Animación á lectura

CONCHA BLANCO

CONCHA

 8 DE MAIO 2009, data na que o noso colexio tivo a sorte de contar coa escritora galega CONCHA BLANCO.

Deleitounos a todos/as profes e alumnos coas súas verbas, sentimentos, forma de ser...todo elo imprescindible para que das súas mans saian logo obras tan fermosas e que tanto gustan a rapaces e adultos.

Pero Concha non só se expresou ela, tamén estivo moi receptiva as preguntas dos alumnos,sen rexeitar nengunha, que por certo, preguntas moi coherentes e con un comportamento excepcional "palabras da propia autora".

Deste xeito: entre exposición, preguntas e dedicatorias pasaron dúas horas que a todos/as; rapaces, profes e ela mesma nos resultaran moi curtas.

Moitas, moitísimas grazas Concha, esperemos que non sexa a última vez que visitas este centro.

ABRIL, MES DOS LIBROS

MASCOTA

HOLA A TODOS:

DE NOVO CON VÓS PARA RECORDARVOS QUE ESTAMOS NUN MES ONDE SE HOMENAXEA A IMPORTANTES FIGURAS DA LITERARURA MUNDIAL:

0 2 DE ABRIL (DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL) HOMENAXE POLO NACEMENTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN.

O 23 DE ABRIL (DÍA MUNDIAL DO LIBRO E AUTORES) POLO PASAMENTO DE CERVANTES, SHAKESPEARE E OUTROS.

TENDO EN CONTA, POR TANTO, ESTE 2 DE ABRIL, OS NENOS DE INFANTIL DO NOSO CENTRO, CELEBRÁRONO CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS QUE TIVO LUGAR NA CASA DA CULTURA. 

 Preme no libro e verás ... 

 

 

TODO FOI MARAVILLOSO A EXCEPCIÓN DUN MOTIVO, ¿CAL? POIS... QUE QUERÍAN MÁIS, PERO CLARO O BO PRONTO REMATA.

CHÉGANOS A SEGUINTE DATA, 23 DE ABRIL. NESTE DÍA SEMPRE SE PROGRAMAN UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PARA TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO, POR EXEMPLO: 

MARATÓN DE LECTURAS NA BIBLIOTECA.

CADA CICLO ELIXE DOUS AUTORES, UN LIBRO EN GALEGO E OUTRO EN CASTELÁN, DOS CALES SE FARÁN AS CORRESPONDENTES LECTURAS.

ACTIVIDADES DE AULA.

DENTRO DE AULA FARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTES AUTORES, TANTO DOS ELEXIDOS COMA DOS  HOMENAXEADOS.

OS MÁIS PEQUENIÑOS TRABALLARÁN CON CERVANTES, E NADA MENOS QUE CON "EL QUIJOTE" QUE BONITO VAI SER VELOS RETRATOS DE: ROCINANTE, OS MUIÑOS, O QUIJOTE , SANCHO...

CONCURSO DE POEMAS.

CADA AULA INVENTARÁ OS SEUS POEMAS, OS PREMIADOS POR SUPOSTO QUE OS MOSTRAREMOS NESTA PÁXINA, ASÍ COMA O RESTO DAS ACTIVIDADES DESTE DÍA.

SERÁ UN DÍA MOI FRUCTUOSO E A VEZ DIFERENTE A CALQUER OUTRO  DO CURSO.

INTENTAREMOS QUE NO VINDEIRO 2010, NON SÓ PARTICIPEN OS ALUMNOS NA MARATÓN LECTORA, TAMÉN PROFES E SERÍA FANTÁSTICA INCLUIR PAIS/NAIS...

TODO SE ANDARÁ.

 

 

E NÓS... SEGUIMOS ANIMÁNDOOS

 ANIMACIÓN A LECTURA

Un curso máis contamos coa colaboración da E.Alfaguara,que tivo a ben realizar un pequeno teatro (de animación lectora) sendo os alumnos os protagonistas.

O obxectivo é sempre o mesmo: Fomentar o hábito lector; que cheguen a sentir a necesidade de ter un libro cerca.

Cada grupo ía facendo a representación do libro proposto para esa animación, a verdade é que gozaron/amos coas súas interpretacións, era marabilloso ver o metidos que estaban nos seus papeis, demostrando ademáis que se sabían o contido do libro de principio a fin.

Parabéns aos rapaces/as polo bo comportamento que sempre teñen, e como moi ben dixo a animadora "DA GUSTO VIR A VIMIANZO"

Está claro... que para crear bos lectores debemos conseguir que os alumnos disfruten lendo.

         O BO LECTOR NON NACE, FAISE.

 animaciónanimación

ANIMACIÓN A LECTURA (KALANDRAKA)

 Hoxe,11 de Febreiro, nenos/as de E.I. 5 anos e

 nenos/as do1º nivel de E.P gozaron dunha

magnífica sesión de contacontos, grazas a

boa disposición que sempre ten a "editorial

kalandraka". Eles: contan, cantan, tocan...

fan todo todo o posible para que os nenos

disfruten e ao mesmo tempo inculcándolles

ese amor hacia os libros.

 Pequeniños sí, pero tontos non, e xa

empezan a comprender.

 contacontos
 
Distribuir contido