Saltar navegación.
Inicio

3º Ciclo

Actividades e novas do interese do 3º Ciclo

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015

Novo éxito en campo a través de María Villaverde Ameijeiras. A alumna e atleta de 5º de primaria realizou unha impresionante carreira no campionato galego celebrado en Monterrei (Ourense) o pasado sábado 21 de febreiro, no cal acadou o 5º posto. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo e nun circuíto inmellorable para unha proba de campo a través, María  realizou unha carreira perfecta. A pesar de esvarar na saída, conseguíu recuperar posicións durante toda a proba. Foi de menos a máis, superando atletas nas dúas voltas que tiñan que dar ao circuíto. Ao final da primeira volta ocupaba a 8ª posición, posto que mantiña a falta de 300 metros, momento no cal realizou un magnífico cambio de ritmo co cal conseguíu colocarse na 5ª posición que mantivo ata a meta. Con este excelente resultado, María cerra unha tempada de campo a través que se pode calificar de impresionante, na cal acadou o campionato comarcal, o subcampionato intercomarcal e a medalla de bronce no campionato provincial. Neste mes de marzo, María comezará xunto con outros/as alumnos/as do Ceip San Vicenzo, a súa participación nos campionatos de atletismo en pista. NORABOA POLOS ÉXITOS CONSEGUIDOS, SORTE PARA AS SEGUINTES COMPETICIÓNS E A SEGUIR DISFRUTANDO FACENDO DEPORTE!.

 
 
 
 

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DENDE MADRID CUNHA SORPRESA ESPECIAL

Actividades de titoría

DISLEXIA

 

 

 

 

  • AGADIX: Asociación galega de dislexia
  • ladislexia.net moitos recursos para familias e profesionais para alumnado con dislexia
  • Tipografía adaptada ao alumnado con dislexia. OpenDyslexic ou ARIAL

 

 

Unha fermosa película para achegarnos á dilexia.

 

NON PODO CO MEU FILLO/A!. COMO INTERVIR E PREVIR.

E agora pasamos á ESO

QUE SIGNIFICA O DEPORTE?

Os enxeñeiros/as do San Vicenzo

Durante estas últimas semanas os rapaces de 6º de Primaria elaboraron diversos circuítos eléctricos demostrando que son todos/as uns artistas e que a electricidade non ten secretos para eles e elas. Na exposición que temos diante da biblioteca puidemos desfrutar de auténticas obras de enxeñería que van desde campos de fútbol ata avións, pasando por casas ou muíños entre outros. Así que pais e nais xa sabedes, se a partir de agora hai que renovar a instalación eléctrica da casa non o dubidedes e pedide axuda aos vosos fillos/as. 

Aquí vos queda unha imaxe da exposición, facendo clic enriba dela podedes acceder ao resto das fotos que se atopan na galería de imaxes.

 

Distribuir contido