Skip to Content

ACTIVIDADES DO 25N

Como ben sabedes o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Para traballalo no centro contamos coa axuda do Concello de Sobrado, que promoveu unhas actividades e xogos cos que o alumnado pasou un bo rato e, sobre todo, sensibilizouse con esta causa. Debaixo destas liñas podedes ver algunhas fotos e videos das actividades realizadas.

 

 
Álbum: Curso 2023-24 -> 25N 2023

MENÚ NOVEMBRO 2023

SAMAÍN 2023

Neste Samaín o colexio de Sobrado levou a cabo algunhas actividades para que o alumnado puidese gozar desta festividade. En concreto, os veteranos do centro contaron un conto e cantaron a famoso canción "No Samaín" de Paco Nogueiras. Se queredes volver a sentir as emocións que encheron o aire ese día, aquí tedes unhas fotos e un video da actuación dos nenos/as.

 

 
Álbum: Curso 2023-24 -> SAMAÍN 2023

MENÚ OUTUBRO 2023

MENÚ SETEMBRO 2023

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

FIN DE CURSO 2022-23

Chegamos ó final deste curso e polo tanto chegou o momento de despedirnos para empezar as vacacións de verán. Xa sabemos que as despedidas nunca son un prato de bo gusto (para iso xa tivemos as hamburguesas hoxe), pero temos que quedarnos co bo. Aquí as despedidas nunca son tal porque nos volvemos a ver en menos de nada.

Só nos queda desexarlles moita sorte ó alumnado de 6º curso que van a empezar novas aventuras o curso que ven en Boimorto. Gozade das vacacións!

Álbum: Curso 2022-23 -> FIN DE CURSO 2023

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XUÑO 2023

XOGOS COOPERATIVOS CON ALUMNADO DO CEIP MARTAGONA

Hoxe tivemos unha visita especial. O alumnado do CEIP Martagona en Melide viñeron ó noso centro a facer con nós uns xogos cooperativos. Foi unha oportunidade de estreitar vínculos e facer novas amizades. Esperamos que o pasarades en grande!

Álbum: Curso 2022-23 -> XOGOS COOPERATIVOS CO CEIP MARTAGONA

OS CONTOS DE PABLÍSIMO

Tivemos a visita dun contacontos que nos contou algunhas historias moi entretidas. Aquí tedes unha mostra de imaxes se queredes recordalas.

Álbum: Curso 2022-23 -> OS CONTOS DE PABLÍSIMO
Distribuir contido


by Dr. Radut