Skip to Content

MENÚ FEBREIRO

CAMPANADAS 2022

Para rematar coas clases deste ano, no CEIP Plurilingue Virxe do Portal fixemos a nosa versión das campanadas.

 

MENÚ XANEIRO 2023

RETORNO DA BIBLIOTECA

Neste curso 2022-2023 voltamos a abrir a Biblioteca Escolar dentro do programa de actividades recollidas no Plan Lector do centro e tamén para canalizar e dirixir as actividades relacionadas co proxecto “Coñecemos o mundo”.

Xunto co empréstito de libros que realizarán tódolos alumnos e alumnas a biblioteca incorpora novos espazos onde os nenos poderán compartir xogos, música, lectura, cine, teatro, etc.

Xunto co anterior e con motivo da celebración do “Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres” dende o equipo da Biblioteca Escolar quixemos regalaralle a cada neno/a unha bolsa decorada con un dos carteis gañadores do concurso organizado polo CIM de Curtis e o Concello de Sobrado fai uns cursos para traballar o 25-N e titulada “Un mundo cheo de bicos”.

Álbum: BIBLIOTECA ESCOLAR -> POSTA EN MARCHA

MENÚ DECEMBRO 2022

25N: OLIMPIADAS E ESCAPE ROOM

O martes os nenos de Primaria deste cole levaron a cabo unhas olimpiadas e un escape room para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Aquí podedes ver unhas imaxes das actividades.

Álbum: 25N -> Olimpiadas e Escape Room

MANS ARRIBA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os nenos de primeiro e segundo crearon unhas mans con todo o que debe haber no mundo para que non exista a violencia de xenero.

Álbum: 25N -> Actividade de 1º e 2º curso

ACTIVIDADE 3º E 4º. 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e nenos de 3º e 4º observaron que existen distintos tipos de violencia e debateron sobre como combatela, chegando á conclusión de que a educación e a escola son claves para isto.

A continuación gravaron un vídeo onde nos amosan algúns sinónimos da violencia e por outra banda outros termos que axudan a combatela, sendo estes últimos os que deben estar presentes na sociedade día a día.

Vídeo de 3º curso:

 

 
 
Vídeo de 4º curso:
 

COÑECEMOS O MUNDO

Neste curso imos levar a cabo un proxecto para aprender moito sobre diversos países de tódolos continentes. As actividades que vaiamos facendo estarán visibles no apartado correspondente que se atopa na marxe dereita da páxina dentro da categoría de Biblioteca. Tamén se poden ver facendo clic na imaxe de abaixo.

Tede listos os pasaportes que nos van facer moita falta este ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut