Skip to Content

PROXECTO DE COOPERACIÓN: ALIMENTOS DA BIOSFERA

Rede para a promoción de  circuitos curtos alimentarios asociados á marca Reserva da Biosfera Española.

Álbum: Curso 2021-22 -> ALIMENTOS DA BIOSFERA

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Neste ano o autor homenaxeado polas Letras Galegas foi Florencio Delgado Gurriarán, persoeiro que o alumnado de Educación Infantil puido coñecer máis a fondo grazas a este contacontos sobre a súa vida e obra. Mesmo lle fixeron unha caricatura!

Álbum: Curso 2021-22 -> CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

O GALEGO, QUE... RIQUIÑO!

Os nenos e nenas deste colexio participaron nun concurso sobre a lingua e a cultura galega e semella que lles foi moi ben. Aquí podedes ver algunhas imaxes para recordar o ben que o pasamos.

Álbum: Curso 2021-22 -> O GALEGO, QUE RIQUIÑO!

SUPERHEROES EN SOBRADO

O superheroe que vemos na imaxe de abaixo ensinounos que os mellores superheroes do mundo son as nosas familias. E mesmo nos amosou algúns dos seus poderes, cos que soubo que querían cear algúns rapaces e rapazas.

Álbum: Curso 2021-22 -> SUPERHEROES EN SOBRADO

O PLANETARIO

Durante esta actividade o alumnado deste centro tivo a oportunidade de ver o universo como nunca. Dentro dun planetario poideron observar o planeta Terra, a Lúa e a Vía Láctea, entre outros. Gozamos a tope!

Álbum: Curso 2021-22 -> O PLANETARIO

MENÚ XUÑO 2022

FIN DE CURSO 2021-2022.

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2021-2022:

Dende o departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias queremos anunciar que grazas á colaboración do Concello de Sobrado este final de curso virá cargado de novidades e sorpresas.

Cada semana até que o curso remate recibirimos no cole un espectáculo diferente; comedia, maxia, obradoiros de arqueoloxía, ciencia (astronomía), concursos literarios, contacontos, teatro, etc.

Todo como agradecemento ás nenas e nenos de Sobrado polo comportamento tan exemplar que tiveron nestes dous últimos anos cumprindo sempre cos protocolos covid a pesar das dificultades dos mesmos.

MENÚ MAIO 2022

CIENCIA DIVERTIDA NO COLEXIO

O pasado luns 4 de abril volveu David ó noso centro a facer algúns trucos divertidos baseados na ciencia. Podedes ver as imaxes dese día aquí abaixo. Felices vacacións!

Álbum: Curso 2021-22 -> CIENCIA DIVERTIDA

MENÚ ABRIL 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut