Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2023

Co gallo do Día do Libro, o alumnado do centro realizou algunhas actividades para conmemoralo. En primeiro lugar, reinterpretaron as portadas dos libros, pintándoas e coloreándoas como desexaban. O resultado é o libro que podedes ver debaixo destas liñas e que se atopa na biblioteca. En segundo lugar, grabaron uns videos amosando os seus libros favoritos. Se queredes velos, podedes atopalos no bloque "CICLOS E AULAS" na marxe dereita da páxina, facendo clic no curso correspondente. Están feitos uns artistas!

MENÚ MAIO 2023

MENÚ ABRIL 2023

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Esta semana Paco Nogueiras visitou o noso colexio para contarnos algún conto de Kalandraka. Tamén cantou algunhas cancións relacionadas cos contos. Se queredes volver a escoitalas podedes ver o seguinte video.

 

 
Álbum: Curso 2022-23 -> VISITA DE PACO NOGUEIRAS 2023

ESTREAMOS NOVA SENDA PARA ENTRAR AO COLE!!!!!

Hoxe pola mañá grazas ao Concello de Sobrado estreamos o novo carreiro de entrada ao cole para que os nosos peques non esvaren os días de choiva. Tamén nos agasallaron con xogos pintados no chan para que nenas e nenos poidan divertirse no tempo de lecer.

 

Álbum: Curso 2022-23 -> CAMIÑO PATIO

MENÚ MARZO 2023

ENTROIDO 2023

Para celebrar o Entroido deste ano, o alumnado do centro realizou talleres de deseño de antefaces, maquillaxe, rosquillas e xogos. Como non podía ser doutra maneira, o disfrace do alumnado estivo relacionado co proxecto "Coñecemos o mundo" co que levamos dende o inicio de curso. Aquí podedes ver algunhas fotos para rememorar este día.

Álbum: Curso 2022-23 -> ENTROIDO 2023

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O 9 de febreiro fomos a Santiago para ver unha exposición de arte contemporáneo. Ademais de ver as obras de arte que se encontraban tamén fixeron algúns talleres: debuxos con sombras e programación por bloques. Aquí podedes ver algunhas fotografías desta saída.

Álbum: Curso 2022-23 -> EXCURSIÓN A SANTIAGO

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ ESCOLAR

O luns 31 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da non Violencia e da Paz Escolar.

Todos os alumnos/as levaron a cabo unha actividade previa a semana anterior.

Primeiro, dende cada curso construímos uns lazos nos que escribimos termos relacionados coa paz para posteriormente realizar cos mesmos unha actividade de orientación. Os lazos estaban agochados en distintos lugares do colexio e os nenos/as de cada grupo tiñan que atopalos, empregando planos do centro os/as máis maiores e pistas os/as pequenos/as.

Poñiamos fin a esta actividade o luns 30, saíndo por cursos ao patio para colocar na porta do mesmo os lazos creados por todas e todos.

En relación a actividade anterior e coa axuda das familias, dende o centro educativo recollemos alimentos para axudar ás persoas que o precisan, porque todos merecemos paz.

Álbum: Curso 2022-23 -> DÍA DA PAZ 2023

MENÚ FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut