Conxuntas

EXPOSICIÓN "A AULA DO PASADO"

O 24 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º fomos ao museo

“Verbum” para ver unha exposición, patrocinada por FOANPAS

e o Concello de Vigo, sobre a escola dos nosos bisavós e avós.

Despois de ver un vídeo, uns profesores que asistiran á escola nesa

época, explicáronnos moitas cousas, fixemos preguntas…

 

 

     As cousas eran moi distintas ás de agora:

  • Só levaban un libro: Enciclopedia Álvarez
  • Os pupitres de madeira tiñan un oco para o tinteiro
  • Había ata 60 alumnos na clase
  • Separaban nenos e nenas en aulas diferentes
  • As nenas tiñan unha asignatura que se chamaba “Labores del
  • Hogar” mentres que os nenos tiñan “Formación del Espíritu Nacional”.

Sentímonos como alumnos desa época con

cadansúa pizarra e o seu pizarrín,

escribindo con pluma que mollabamos nun

frasco de tinta.

Que difícil, emborréabase todo!!!

Finalmente comprobamos a "fotocopiadora

daqueles tempos": escribiamos nun papel

que por debaixo tiña un “calcante” e saíanos

o mesmo no outro papel.

 

Ah, os nenos non tiñan Tablet nin Nintendo, facían os seus xoguetes ou xogaban a xogos como: á billarda,

ao corro da pataca, Antón Piruleiro, Pase Misí …

Máis fotos no seguinte enlace GALERÍA DE FOTOS 

NA PROCURA DOS NOSOS ANTERGOS

 

 

Da man de Eva F. Deza, en colaboración coa ANPA

e co profesorado do centro, o alumnado de 4º, 5º e 6º

levamos a cabo esta interesantísima actividade coa

que descubrimos as mámoas e a súa historia.

 A actividade comezou cun obradoiro no xardín do centro.

Eva explicounos o que eran as mámoas, como e para que se facían e sobre todo indicounos

os pasos para que cada curso puideramos construír a nosa propia mámoa.

Estes foron os resultados. Quedáronnos xenial.

 Para continuar "Na procura dos nosos antergos", Eva guiounos nun roteiro polo Vixiador e pola Madroa

no que, coa colaboración da CCMM de Teis e as explicacións da arqueóloga Elisa Pereira, descubrimos

restos de mámoas de fai 6000 anos, achegándonos máis ao seu coñecemento.

Tamén foi moi interesante a ruta botánica tanto polo Vixiador como pola Madroa. Buscamos datos de animais e

plantas, observamos especies autóctonas e aprendemos a diferenza entre un bosque natural e un bosque forestal.

   

Para rematar esta saída e despois de repoñer forzas, Alfonso da Comunidade de Montes de Teis ensinounos

unha chea de cousas que foron recollendo polo monte: panais de abellas, cranios de diversos animais, niños de

paxaros, camisas de serpe... Boa sorpresa levamos cando nos permitiu subir no tractor!!!

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade así como á Comunidade de Montes de Teis

e a arqueóloga Elisa Pereira, pero sobre todo… moitísimas grazas a EVA FERNÁNDEZ DEZA

por compartir connosco, unha vez máis, os seus coñecementos.

EMAO

O alumnado de 4º fomos á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Despois de visitar a biblioteca e a hemeroteca que por certo son magníficas, puidemos ver e experimentar nos obradoiros de serigrafía e de construción de zanfonas.

Puxemos moita atención nas explicacións que nos deron.

Resultou unha visita moi interesante!!!

Distribuir contido