Visita de Antía Yáñez ao alumnado do Club de Lectura

17/04/2023
Europe/Madrid

O pasado xoves, 13 de abril, visitou o noso centro a escritora galega máis lida no 2022, Antía Yáñez. Estivo co alumnado do Club de Lectura de 5° e 6° de EP. Faloulles do seu libro "Plan de rescate" e asinoulles os exemplares. A rapazada tamén puido facerlle preguntas sobre a súa obra e conversar con ela.

 

Obradoiro de Ioga

O alumnado de 4ºC de EP e o da Aula Específica desfrutaron estos días de varias sesións de Ioga impartidas pola orientadora do centro. 

A práctica desta disciplina ten moitos beneficios:

- Mellora da habilidades de atención, contración e memoria.

- Axuda á relaxación.

- Favorece a flexibilidade, equilibrio e control do corpo.

- Axuda a xestión da enerxía, a manexar situacións difíciles e aumenta a confianza e a autoestima.

 

 

 

 

 

A volta ao mundo en patíns

Dende o departamento de educación física púxose en marcha un proxecto co obxectivo de incrementar a actividade física do alumnado. Dito proxecto está dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro, o cal está enmarcado no Plan Proxecta pertencente á Consellería de Educación. No proxecto que presentamos, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, nos recreos de martes e xoves, tentará percorrer os máximos metros posibles dando voltas patinando na pista do pavillón polideportivo. A intención é dar a volta ao mundo, de xeito virtual, sumando toda a distancian que percorran os alumnos/as participantes. Estes, participan por quendas; mentres uns patinan outros/as contabilizan as voltas e, o día seguinte, cambian os roles. Por outra banda, poderán comprobar canto levan feito, nesa volta ao mundo, coa suma da distancia percorrida entre todos/as. Ademais, poderán comprobar o percorrido a través dun padlet creado, ex profeso, para elo. Deste xeito, eles/as mesmos/as poderán comprobar o que levan percorrido entre todos/as e en que punto do planeta atópanse dun xeito ilustrativo. Ademais, por outra banda, serviralles de elemento motivador para continuar co proxecto con máis ganas aínda.

 

Feito con Padlet

Investigando sobre as mulleres nas ciencias mariñas

09/03/2023
Europe/Madrid

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de primaria do centro realizou unha investigación sobre diferentes mulleres que realizaron importantes achegas ás ciencias mariñas.

A investigación e a posterior exposición (que podedes ver na entrada do centro) baséase no proxecto "Océanicas" do Instituto Español de Oceanografía.

 

O alumnado de 1ºEP conmemora o 8M

O alumnado de 1º de EP xuntouse para conmemorar o Día da Muller. Dentro do proxecto "Os océanos", investigaron sobre Jimena Quirós e sobre Ángeles Alvariño. Compartiron datos relevantes sobre as vidas destas grandes oceanógrafas.

Outra das pioneiras traballadas foi María Vázquez, mestra na Escola nº2 de Miño ata o 1936 que loitou en prol da igualdade.

 

Aquí tedes os seus traballos.

 

 

 

Segunda xornada de portas abertas

26/02/2023 20:09
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Invitámosvos á próxima Xornada de Portas Abertas, na que poderedes coñecer o noso traballo e instalacións de primeira man.

Así mesmo, invitámosvos a seguir a nosa conta de Instagram, onde poderedes estar ao día en canto a actividades do noso centro:

https://www.instagram.com/cpi_castrobaxoi/?hl=es

Admisión alumnado curso 2023/24

Prema na ligazón para consultar a información do proceso de admisión.

RECITAL DE ROSALÍA NA RÚA. QUENDAS E DÍAS.

16/02/2023
Europe/Madrid

Velaquí deixamos o horario do recital de Rosalía dos días 23 e 24 de marzo. Agardámosvos! 

IMPORTANTE: CAMBIO DE UBICACIÓN . O recital será no centro. Desculpen as molestias.

Obradoiro de estampación de Rosalía de Castro

16/02/2023
Europe/Madrid

O mércores 15 de febreiro relizamos un obradoiro de estampación de Rosalía de Castro co alumnado de 3º de primaria grazas a colaboración da asociación de empresarios de Miño e ao EDLG do centro. A rapazada aprendeu técnicas de estampación alén da vida e obra de Rosalía.

Estadía da profesora Mónica Mato en Canadá no marco do PIALE

A profesora Mónica Mato participou no programa PIALE (Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras) realizando unha estadía en Canadá.

A continuación adxuntamos un Padlet onde se pode visualizar a experiencia da profesora e o Plan de Difusión en PDF.

 
 
 
Feito con Padlet
Distribuir contido