II Olimpíada de Teleco na Universidade de Vigo

 

 

O pasado 25 de abril, 6 alumnos/as de ESO: Alejandro, Carla, Jenni, Samuel, Victoria e Xes participaron na II Olimpíada de Teleco na Universidade de Vigo. Acompañáronos os profesores Roi e Lola.

O proxecto que elaboraron nomeárono como EcoClase e resultou gañador do premio á proposta máis aliñada co ODS 3 (o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3 pretende "garantir unha vida sá e promover o benestar para tod@s en todas as idades").

 

Podedes ver a excelente presentación que fixeron:

 

Noraboa rapaces e rapazas, o traballo mereceu a pena!

 

 

 

 

 

 

Tiveron a oportunidade de visitar diversos laboratorios da facultade de Telecomunicacións: unha cámara anecoica, o estudo de gravación deseñado por Philip Newell, a asociación Uvigo SpaceLab e CES Uvigo.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet