Celebración do Samaín 2018

 

Para conmemorar o Samaín o alumnado da ESO participou na actividade Rutas Literarias ofertada polo Museo Provincial de Lugo para os centros escolares. Previamente á visita, arredor do 1 de novembro, o alumnado leu acompañado pola profesora de Lingua galega os catro contos do libro “Contos de fantasmas no museo”. O día 21 de novembro recibíronnos no museo e alí, dividido en catro grupos, o alumnado completou unha folla de ruta correspondente a cadanseu conto do libro. Disfrutaron da posibilidade de ver en persoa as salas e as obras que se mencionaban nos contos, así como da liberdade de se mover libremente polo museo para completar o cuestionario facilitado no menor tempo posible.

Portada do libro "Contos de fantasmas no museo"

Powered by Drupal - Design by artinet