14 de febreiro: San Valentín

O alumnado dos diferentes niveis educativos participou na actividade DILLE QUE O/A QUERES COMO  COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA, COMO MOZO OU MOZA, COMO AMIGO OU AMIGA...

Os rapaces e as rapazas que participaron, a maioría en Educación Primaria, depositou as súas cartas na CAIXA DE CORREO  que se colocou xunto ao taboleiro do EDLG., logo de tela rexistrada e serlle asignado un número. O xoves 14 de febreiro o alumnado do equipo de dinamización entregou as cartas polas diferentes aulas.

O alumnado participante disfrutou escribindo e recibindo as cartas de amor e amizade.

Taboleiro coas cartas enviadas

Powered by Drupal - Design by artinet