Concierto didáctico da Tradescola

Cartaz concerto didáctico O pasado venres 22 de febreiro o alumnado de Infantil e Primaria puido asistir no noso centro a un concerto didáctico impartido por profesorado da Tradescola. Esta escola de música tradiconal galega especializada comenzou a súa andadura en novembro de 2008, baixo a xestión da Asociación de Gaiteiros Galegos, e desde entón mantén unha ampla actividade formativa e divulgativa.

Ao longo do concerto fíxose un percorrido por ritmos e instrumentos da música tradiconal galega como a gaita, tambor, bombo, pandeiro e, mesmo a voz. O concerto estivo guiado por Bruno Villamor, Miguel Anxo López e Branca Villares os cales conseguiron achegar ao noso alumnado dunha maneira lúdica e didáctica unha manifestación fundamental da nosa cultura como é a música. Canto disfrutamos!!

    

Powered by Drupal - Design by artinet