11 de marzo: Paula Carballeira

Para conmemorar o Día da Lingua Materna (21 de febreiro) convidamos a vir ao centro á escritora e contacontos PAULA CARBALLEIRA. Licenciada en Filoloxía Hispánica, traballa desde 1994 como narradora oral, tendo participado en programacións culturais en diversos lugares do estado español, así como en Portugal, Brasil e Chile. É membro do grupo de teatro Berrobambán e tamén traballa como actriz en series de ficción da TVG.

Como escritora ten publicado varios libros de poesía e de literatura infantil.

O alumnado de Infantil e Primaria pasouno en grande coas historias que lle contou a nosa convidada, sen dúbida todo un referente como narradora oral.

Cartaz Paula Carballeira

Powered by Drupal - Design by artinet