Concurso de cabazas

Concurso de cabazas

Bases

  • Poderá participar todo o alumnado do centro.
  • As cabazas decoradas colocaranse na mesas do corredor central e levarán o nome do/a participante nun lugar non visible (parte inferior da cabaza).
  • Haberá dúas categorías con tres premios cada unha:
      • Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
      • Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO.
  • As cabazas serán valoradas por un grupo conformado por profesorado do centro, pais e nais de alumnado, persoal de administración e servizos e alumnado que non participe no concurso.
  • Prazo para traer as cabazas: dende o luns 25 ao xoves 28 de outubro.
  • Entrega de premios: venres 29 de outubro e retirada de cabazas.

Powered by Drupal - Design by artinet