APUNTÁMONOS A NON BEBER

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu hoxe a segunda sesión formativa do programa Apúntome a non beber pertencente ao Plan Proxecta, e que impartiu novamente o médico Ángel Usero.

Inicialmente lembraron entre todas e todos qué é unha adicción, e os problemas e as contradiccións que o consumo de alcol conleva na nosa sociedade. Aspectos que tamén estiveron a traballar previamente nas sesións de titoría da man dos seus titores.

Na xornada de hoxe, abordáronse as estratexias que emprega a publicidade para promover o consumo de alcol, e a importancia de estar advertidos de cómo empregan valores positivos ou vinculados ao éxito ou ao deporte, para asocialos ás bebidas alcólicas e relativizar o seu consumo.

Finalmente, Ángel Usero deulles pautas sobre como desenvolver o proxecto final de aula, no que deberán deseñar baixo soporte libre -cartel, radio, web...- unha campaña contrapublicitaria sobre as bebidas alcólicas ou enerxéticas.

Tódolos centros participantes da comunidade poderán optar a un premio á mellor CAMPAÑA DE CONTRAPUBLICIDADE que consistirá nun día no parque acuático de Cerceda.

Mans á obra rapazada!! Ese premio pode ser voso!!

E a finais do mes de maio, Ángel Usero impartirá unha charla específica para familias na que se abordará a prevención do consumo de alcol en adolescentes e doutros consumos de risco vinculados ao alcol. Avisarémosvos cando esté fixada unha data.

 

Powered by Drupal - Design by artinet