Taboleiro

Gañadora do I Concurso "Coidando as nosas mascotas"

As nosas felicitacións a Alba F. L. (1º ESO), por ser a gañadora do I Concurso de debuxo "Coidando as nosas mascotas", organizado pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo (outubro, 2012).

E o noso agradecemento a todo o profesorado que colaborou na difusión das bases do concurso, animación a participar....

NORMATIVA SOBRE A XUNTA DE DELEGADOS

No arquivo adxunto, recóllese a normativa referente á Xunta de Delegados/as (integrantes, funcións...).

PREMIOS "CIENCIA QUE CONTA"

 Concurso "Ciencia que conta 2010"

O día 20 de novembro, no Museo do Mar de Galicia tivo lugar a entrega de premios do 3º Concurso "Ciencia que conta 2010".

Dúas alumnas de 4º de ESO, Valvanera Ochoa Gomes e Antia Tacón García, foron premiadas con sendos accésits polos relatos "A clonación" e "O nacemento de Daniel".

Noraboa ás premiadas e moitas grazas a todo o alumnado participante.

CATRO ALUMNOS/AS DO CENTRO PREMIADOS NO CERTAME LITERARIO DE "A PIPA"

A escritora Yolanda Castaño foi a encargada de pechar a edición número 18 do certame literario A Pipa, que organiza o colectivo cultural do mesmo nome e que tivo como escenario a Casa da Cultura de Becerreá.

A autora foi a protagonista dunha noite poética na que, logo de ser entrevistada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra, tivo lugar a proxección dos vídeopoemas O vídeo da egoísta e (Re)ser(vado) de Yolanda Castaño, quen ofreceu finalmente un recital de poemas seus.

Previamente a este encontro poético, celebrouse a cerimonia de entrega de premios do certame literario A Pipa 2009.

Os alumnos premiados do noso centro foron:

Sandra López López (Vilachambre-Baralla) por A pipa contacontos

María del Carmen Fontal Maciñeiras (Pol-Baralla), por Fruttys

Sandra Fernández García (Sobrado de Picato-Baralla), por A gaita galega

David Rubianes Núñez (Penarrubia-Baralla), por A lúa e o sol

 

FELICIDADES A TODOS

 

Enlace coa noticia en "El Progreso"

Enlace coa noticia en "La Voz de Galicia"

PREMIADOS DOUS ALUMNOS/AS DO NOSO CENTRO

NORABOA E FELICITACIÓNS  POR PARTICIPAR

Reunido en Vigo o día 13 de novembro de 2009, o xurado do 2º Concurso de Relatos “Ciencia que conta”, de acordo coas bases da convocatoria e logo de examinar os traballos presentados e ter as deliberacións oportunas premiou os traballos de dous alumnos do noso centro:

.- ACCESIT:

“Un soño do máis extraño”

Autora: Andrea M. García Fernández, C.P.I. Luís Díaz Moreno, Baralla, Lugo

.- SEGUNDO PREMIO:

“O conto do chip”

Autor: Juan José López Pérez, C.P.I.Luís Díaz Moreno, Baralla, Lugo

Enlace coa páxina ciencia que conta (acta do xurado)

Enlace coa noticia aparecida no xornal El Progreso do día 1 de xaneiro.

Matemáticas na rúa

O programa "Matemáticas na rúa", iniciativa da concelleiría de educación do Concello de Lugo coordinada por Victor Pollán - profesor no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz - tivo lugar o mércores 13 de maio en Lugo.

No programa participaron 416 alumnos e alumnas, de 16 centros educativos da provincia e un de As Pontes, en tres categorías: primaria, primeiro e segundo ciclo de ESO.

Por suposto, participaron alumnos e alumnas do noso colexio e na categoría de segundo ciclo de ESO, acadaron dous dos tres primeiros premios:

Noraboa a todo o alumnado participante.

Powered by Drupal - Design by artinet