Segundo ciclo

MÁIS XOGOS EN MATES

Ademais do xogo "memory de multiplicacións", esta semana probamos o "dado das operacións".

Xogamos en parellas, cada persoa ten números do 1 ao 10. Lanzamos os dous dados e facemos operacións cos dous números que saian (suma, resta, multiplicación ou división). O resultado debe ser algún dos números que hai na mesa. 

GAÑA O PRIMEIRO QUE SAQUE TODOS OS NÚMEROS!

TRABALLAMOS COA REALIDADE AUMENTADA!

Ola a todas e a todos! Guay

Para poñer o punto final ao universo de CCSS fixemos un volcán e un mundo! E como o fixemos? Usamos a aplicación Quiver (dispoñible en google play) que nos permite pasar de un debuxo en 2D a un obxecto en 3D...

Primeiro coloreamos as fichas (pódense descargar na súa páxina web, hai unhas gratuítas e outras de pago), despois abrimos a aplicación nunha tablet ou móbil e enfocamos o noso debuxo. Mirade mirade!

 

 

 

  

ARTE OU VANDALISMO?

Que é arte? Que non é arte? 

En plástica falamos de diferentes tipos de debuxo: ilustración, debuxo artístico, graffiti... e este último pareceunos moi curioso e chamativo! 

Así, aprendemos a diferenciar arte de vandalismo. A arte suma, o vandalismo resta. Puxemos como exemplo os actos vandálicos que vimos na saída ás Brañas de Laíño: os carteis todos pintados, rotos... Ante todo, respecto!

 

THE LAB KIDS

Xa somos oficialmente CIENTÍFICOS e CIENTÍFICAS. 

Hoxe fixemos un experimento sobre as mesturas homoxéneas e as cores, mesturando contidos de plástica, CCNN e Matemáticas! Ademais, cada grupo ten o seu caderno de experimentos onde vai apuntando o tema, materiais, hipótese, pasos, conclusións... 

Sen máis espera, aquí fotos!

 

 

DESAPARICIÓNS...

O alumnado de 3º lemos en Lingua Castelá un pequeno conto sobre a desaparición dun neno que foi de excursión... por sorte atopouse coa policía e entre todos localizaron aos seus compañeir@s! 

E que fixemos nós? Poñernos en parellas e denunciar a "desaparición" da nosa parella. Así descubrimos que a labor que fai a policía é moi complexa, digna de respecto! 

 

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS... O DEBATE ESTÁ NA MESA!

Como xa vos comentamos en anteriores posts, no segundo trimestre os nenos e nenas de valores fixemos un debate! O tema era: 

DEBEN OS NENOS E NENAS USAR O MÓBIL?


O debate durou 20 minutos! Para ser a primeira vez fixémolo bastante ben RisaAnoxado

Podedes escoitarnos na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1ETyGLNJ090PyBDv3yNfe-ZvVy7Jzqd9O/view?usp=sharing

 

 

FIN DO 2º TRIMESTRE!

Alá vai... outro trimestre no saco! Esta semana foi moi diverrrtiiida, tivemos xogo libre en EF, fixemos un experimento (e faremos máis en CCNN, o tema préstase!), fomos de excursión polas Brañas... e hoxe tivemos recunchos! 

A mestra Cris tróuxonos uns xogos especiais... o dominó e a construcción magnética.  Encantounos! Tamén tivemos o recuncho da lectura doble e o xogo "de gota a gota". Aquí algunhas das fotos. 

 

 

 

BOLBORETAS E CABALOS?

En 3º fixemos unha actividade mesturando educación plástica e educación física!

Coa mestra Jose bailamos ao son da música, expresando as emocións que nos provocaba. Coa mestra Cris aplicamos a técnica do debuxo para facer os animais que saían na canción. 

Se queredes ver o vídeo teredes que esperar ata fin de curso, que é cando se publicarán algunhas das cousiñas que fixemos no cole... pero deixámosvos foto! Guiño

 

Guía de clasificación de plantas!

Moito nos gusta ciencias da natureza!

Desta vez, Mario e a súa familia foron de paseo e aproveitaron para ir collendo plantas e así facer unha guía! 

Moitas grazas por ensinárnolo! 

 

 

ELECCIÓNS, ELECCIÓNS!

Bo día! 

Estas semanas, como ben sabedes, o alumnado de 3º e 5º uniuse nunha fronte común: as eleccións aos representantes do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Fai un par de semanas, o alumnado de 5º votou aos partidos políticos de 3º. Hoxe, toucoulle a 3º votar os partidos políticos de 5º. 

Como non, o proceso foi moi riguroso. Ao azar saíron o presidente, a vogal 1 e o vogal 2. Encantounos formar parte disto!!

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet