Segundo ciclo

O MENÚ DE 3º EP

As nenas e nenos de 3º EP traballamos a alimentación e fixemos un menú diario!

Estamos en proceso de amizade coa verdura…  Guiño Mentres, aquí algunhas fotos!

 

******CHEGOU O ENTROIDO!*******

CHEGA O ENTROIDO AO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN!!!

As nenas e nenos de 4º estabamos esperando con ilusión a festa das máscaras, e non faltamos á nosa cita cos "Mandatos do Meco".

Pero para o venres de entroido deixamos o mellor....Pronto volo ensinaremos!

CONTINUAMOS VIAXANDO: PARÍS E EXIPTO

Seguimos viaxando con Phileas Fogg e , aínda que rapidamente, fixemos parada en dous lugares interesantes.

1. PARÍS. Neste caso fomos nós os encargados de buscar información sobre esta cidade e compartila cos nosos compañeiros, e atopamos cousas tan interesantes como cómics de Tintín ou Astérix e Obélix ou as Catacumbas de París...Que medo!

2. SUEZ (EXIPTO). Logo de recordar o que xa coñeciamos deste país e descubrir algunha cousa nova, decidimos escribir mensaxes secretas en escritura xeroglífica. Sodes capaz de lelas?

 

 

 

E sen perder un minuto, volvemos a subirnos no barco de vapor cara o noso seguinte destino.

Vémonos na India!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2016

Os alumnos e alumnas de Valores Sociais e Cívicos escollemos esta historia popular de guerra para recordar a todo o mundo a dor que viven as persoas que se ven, queiran ou non, no medio dunha, e tamén as súas familias.

O noso maior desexo é que todos poidamos vivir en PAZ.

Esperamos que vos guste!

https://www.youtube.com/watch?v=JcMHIsyh5co

 

FELIZ DÍA DA PAZ 2016!

 

 

 

PRIMEIRA PARADA: LONDRES

Phileas Fogg lévanos a coñecer a cidade na que vive: Londres (Reino Unido).

 

 

Xa que andabamos por alí, aproveitamos para facer un pouco de turismo e coñecer algunhas cousas da súa cultura:

  • Tomamos o , e as deliciosas pastas que o acompañan.

  • Visitamos a raíña Isabel II no Buckingham Palace.

  • Coñecemos á Garda Real e ata intentamos imitalos...Creo que temos un intruso!

                   

  • Fixemos contas coas libras esterlinas.

  • E ata visitamos a Torre de Londres e todas as xoias que alí se gardan.

                                                      

Foi unha viaxe agotadora! Pero non podemos perder tempo ningún! A volta ao mundo comeza xa e temos que dirixirnos ao noso seguinte destino.

Vémonos na próxima parada.

GOOD BYE, FRIENDS!!

A NOSA VIAXE: A VOLTA AO MUNDO!!!

Os alumnos e alumnas de 4º comezamos unha viaxe arredor do mundo, acompañados de Phileas Fogg e do libro de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días", do que o noso amigo Fogg é o protagonista.

E como en calquera viaxe, o primeiro paso foi facer un pasaporte. Non queremos ter problemas coa lei!

E unha vez que xa temos todo...COMEZAMOS A VIAXE!

Powered by Drupal - Design by artinet