Segundo ciclo

OS DEBUXANTES DE 3º

Bo día a todos e a todas! 

En 3º aprendemos a debuxar cos videotitoriais de "Dibuclases". Esta semana decidimos como grupo que queríamos facer algo máis difícil, así que debuxamos un castelo con moitos detalles. Aquí fotos, agardamos que vos guste!

 

 

PAISAXES DE GALICIA!

Benvid@s ao noso recuncho! 

En CCSS falamos sobre as paisaxes galegas de costa, de interior, de montaña... e ocorréusenos levar fotos nosas ao cole para recordar o bonita que é Galicia. 

Algúns lugares están preto de nós, coma Rois ou a Pobra, mentres que outros están lonxe, coma a Ribeira Sacra ou Monforte de Lemos! 

A CAIXA DOS SENTIDOS!

Ola a todas e a todos! 

En ciencias da natureza estamos traballando o corpo humano... tanto nos gustou que decidimos facer un xogo! 

A mestra Cris trouxo unha "caixa do sentidos" e tivemos que adiviñar que obxectos había dentro. Aquí algunhas fotos... se queredes saber o que había, preguntádenos! 

 

 

 

 

AFECCIONADOS Á SIMETRÍA.

Bo día a todas e a todos!

Plástica e matemáticas parécense máis ca do que pensamos... os alumn@s de 3º temos a proba!

Fixemos un debuxo simétrico por parellas, deixando libre a nosa imaxinación, agardamos que vos guste. 

 

 

TAMÉN APRENDEMOS XOGANDO...

Boas a tod@s,

Estas semanas estivemos traballando as rectas e os ángulos, démonos de conta de que as persoas temos devoción polos ángulos rectos! As portas, ventás, libros, mesas, cadernos... e inclusive a aula ten ángulos rectos!

Ademais, fixemos un xogo para afianzar as rectas paralelas e secantes, estivo con nós a mestra Jose... mirade, mirade, parece que nos doe a cabeza!

 

Para facer o xogo primeiro temos que ter na frente un papel adhesivo cun par de rectas paralelas ou secantes. Despois dividimos a clase en 2 grupos, un en frente do outro. A mestra Jose e eu sostemos unha manta de forma vertical, que subimos e baixamos, para que os nenos/as poidan verse uns segundos e dicir que recta ten o compañeiro/a.

Ao final a competición derivou nun EMPATE, porque os dous grupos o fixeran moi ben.

Ata outra! 

 

CREANDO: COLLAGE!

Ola caracola! 

En 3º EP estivemos probando texturas (goma eva, papel de regalo, cartón, papel translúcido...) e aproveitamos para facer un collage! 

Aquí unhas fotos AnoxadoAnoxado

 

ENLACE DIRECTO AO ESCONXURO DE 3º EP

Por cuestións de privacidade, non é posible acceder ao vídeo. 

30 DE NOVEMBRO DO 2020

Ola de novo!! Estas semanas estamos a tope! Hoxe foi un día especial e festexámolo como se merece. 

Fixemos unha merenda especial, de forma individual. Xogamos a xogos típicos do Magosto, no recreo recitaron todos os esconxuros do CPI... encantáronnos! Dende 3º dámoslle a noraboa aos compañeiros/as que gañaron. Tamén xogamos ao TABÚ TERRORÍFICO e a mestra Cris contounos un conto, a escuras... como se contan os contos de medo! 

 

Despois deste día tan intenso, este fin de semana toca descansar!Aquí algunhas fotos, botádelle un ollo!

 

 

 

 

E POR ÚLTIMO... UNHA FOTO CONXUNTA Beso

 

SAMAÍN 2020!

Preparad@s para Samaín en 3, 2, 1...

Os nenos e nenas de 3º EP démoslle unha segunda vida aos rolos de papel hixiénico. Así poñemos en práctica unha das 3R (Reciclar, Reutilizar, Reducir).

Fixémolo en plástica, custounos un pouco pero conseguímolo!

 

Que mellor que promocionar o noso?

En 3º somos polifacéticos, un día nutricionistas e ao día seguinte comerciais!

Neste caso, promocionamos as Illas Cies, patrimonio natural da nosa Galicia, botádelle un ollo aos anuncios! Sorprendido

 

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet