Actividades

NON Á GUERRA

 

Hoxe, persoal docente, non docente e alumnado participou nun acto en contra da guerra, non só a actual guerra en Ucraína, tamén en contra de calquera conflito bélico que no século XXI  xa non debería ter cabida.

A actividade consistiu no visionado do vídeo realizado no propio centro no curso 2016-2017 (Non, non, non!) e a lectura de textos seleccionados por alumnado de 4º de ESO procedentes do libro de Erich Maria Remarque que leva por título " Sin novedad en el frente".

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

 

 

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo coa campaña "Unha feliz viaxe pola vida". Dende a biblioteca do centro promóvese esta campaña e o alumnado súmase a ela facendo debuxos que reflicten o seu sentir ao respecto desa viaxe pola vida do xeito máis feliz e iluminado de azul.

 

GALERÍA DE FOTOS

 

 

SAÍDA DE PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de primaria, realizou unha saída didáctica organizada pola Comunidade de Montes Cruz de Avelán na que visitaron os petróglifos  de Bouza Badín donde a arqueóloga Nerea lles explicou os motivos gravados na pedra. Tamén fixeron unha plantación de frondosas donde Verónica, a axente forestal a cargo da zona onde está situada a masa forestal desta Comunidade de Montes, faloulles de prevención de incendios.

 

Nos petróglifos Nerea, Elena e Darío,arqueólogos da Sociedade Cooperativa Galega Árbore Arqueoloxía e Restauración de Campo Lameiro que fixeron unha brillante presentación dos petroglifos para os nenos, explicaronlles a importancia desta parte do noso patrimonio desde  hai 4000 anos, alá na idade do bronce. Puideron observar motivos xeométricos, animais, puntos, círculos que aparecen representados nas pedras. Nerea contoulles que a mellor hora para visitalos é ao amencer ou ao anoitecer xa que a luz é máis axeitada para recoñecer as formas e que a mellor técnica é utilizando un espello. Tamén viron algún petróglifo medieval e escoitaron a lenda do cabalo do apóstolo Santiago, que pisou nas pedras de Bouza Abadín.

 

Elena aprendeulles a facer lume con seixo e pirita e con madeira de hedra  e Darío explicoulles como é o proceso de estudo e conservación dos petróglifos.


Durante a plantación desfrutaron dando unha oportunidade de crecemento a varias árbores que tan xenerosamente nos regalou a  Escola de capataces forestales de Lourizán, e recibiron unha moi interesante charla sobre prevención de incendios forestais grazas a membros do Distrito forestal de Noia que axudaon coa plantación e lles ensinaron aos nenos e nenas como funciona unha motobomba.

 

 


Unha vez rematada a xornada foron merendar o parque da Cruz do Avelán.

 

 

Todo isto, mentras gozamos da marabillosa contorna que temos en Dodro.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

GALERÍA DE FOTOS

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR EN 1º E 2º de ESO

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu a vista, de novo, dun membro da Garda Civil dentro do programa Plan Director para a Convivencia. Tratouse o tema do acoso escolar.

ENTROIDO 2022

Este curso, seguindo o criterio doutros anos, celebramos o Entroido coa temática do proxecto de centro que, como xa sabedes, ten como tema central o corpo humano, as consignas do Meco foron as seguintes: o mércores “Para que a festa sexa rachada, trae posta na cabeza algunha pallasada” e o xoves “E para que a festa sexa bestial, saca no resto do corpo o teu animal”....o venres non faremos o pasarrúas nen degustación de produtos típicos destas datas pero para paliar un pouco a agonía desta pandemia vimos disfrazados de  “O que che pida o corpo”....e a desfrutar!!.

ANIMALADA EN 5º

O venres celebramos o festival do Entroido. Cada un veu co que o corpo lle pediu. Houbo de todo.....

 

O concurso de disfrces deixou varios gañadores....

Pablo e Catuxa

Pepa

Álex e Samuel

Lois e Dani

 

FOTOS DO FESTIVAL

VÍDEOS

 

O alumnado de 6º confeccionou unhas máscaras típicas do entroido da zona de Verín:

O Meco deste ano correu a cargo do alumnado de 3º de ESO B e este foi o resultado:

Momento da creación..

FOTOS DA ELABORACIÓN DO MECO

Despois do festival e do concurso, queimamos , como vén sendo tradición, ao noso Meco...os encargados de poñerlle lume forn os de 4º de ESO:

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

 

 

 

Celebramos o Día de Rosalía creando un fermoso vídeo que nos fala da sombra de Rosalía...que non é negra, non, non o é.

 

ENLACE AO VÍDEO

ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

Tamén os pequechos de 1º homenaxearon á nosa poeta cun marabilloso mural:

CONTACONTOS

Hoxe recibimos  a visita de Benxamín nunha sesión de  contacontos ofrecida ao centro por Anaya-Xerais. Benxamín contou ao alumnado de primeiro e segundo varios contos clásicos con toques da actualidade. Rímonos moito!

PREVENCIÓN DE ADICIÓNS

O alumnado de 1º e de 2º de ESO recibiu unha charla obradoiro sobre a prevencións de adicións da man dos responsables dos Servizos Sociais do Concello.

Foi moi interesante e instrutiva.

 

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz cunha fermosa canción interpretada polo alumnado de primaria.

ENLACE AO VÍDEO

Tamén, o alumnado leu poemas, a maioría creados polo propio alumnado, para conmemorar este día.

O alumnado de 5º elaborou un mural de vacinación contra a violencia titulado  "Mural para illar o virus da violencia " ....o coronavirus non trae só cousas malas polo que se ve, tamén nos axuda a traballar para acadar situacións de non violencia a todos os niveis.

 

 

 

 

 

Na etapa de secundaria, a conmemoración consistiu en decorar o corredor das aulas de ESO ao tempo que traballaron un poema de Eusebio Lorenzo Baleirón lembrando ao poeta que dá nome ao noso centro, que este ano cumpliría 60 anos.

GALERÍA DE FOTOS

Por outra banda, o alumnado de Primaria e 1º de ESO colaborou e participou co CEEPR Amicos de Riveira para conmemorar o Día da non Violencia e a Paz, baixo o lema "Lanzamos as nosas botellas para crear un mar de desexos".
O resultado foi un precioso mural colaborativo cun total de 318 botellas.


 

 

CHARLAS SOBRE RISCOS DE INTERNET

Comezan as charlas do Plan Director para a Convivencia. Hoxe o alumnado participante foi o de 1º e 2º de ESO e a temática foi sobre riscos de internet e redes sociais.


Powered by Drupal - Design by artinet