Actividades

NADAL 2018-2019

O venres 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Presentado por Nerea e Borja, deleitounos con panxoliñas, espectáculo de mimo, flauta e pandeiretas. Tamén música máis "roqueira" da man do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. Non podía faltar o tradicional "Petit Papa Noel" en francés e "I wish you a Merry Christmas" in English.


 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS FESTIVAL

Tamén se realizaron actividades navideñas de elaboración de menús típicos destas datas. O curso encargado desta bonita tarefa foi 4º de primaria.

 

GALERÍA DE FOTOS MENÚS

SAÍDA DE 5º e 6º DE PRIMARIA

Ás mozas e mozos de 5º e 6º non nos arrepía o mal tempo, por iso partimos cara a Compostela para gozar da obra "De los cuentos a las cuentas" no auditorio da sala Abanca, puidemos reflexionar sobre a importancia dos bens materiais e dos proxectos e soños persoais.Para rematar a mañá e combater a choiva, achegámonos á Cidade da Cultura para desfrutar da exposición "Castelao Maxistral" observando viñetas e debuxos do noso prezado Castelao e sentindo emoción ante o considerado guernica galego "A derradeira lección do mestre"...

 

SAÍDA AO BOSQUE DE RIDIMOAS E RIBADAVIA

O xoves día 3 de maio o alumnado de ESO fixo unha viaxe ao Concello de Beade para visitar o Bosque de Ridimoas. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e guiada por persoal do Concello. 

Pola tarde achegáronse a Ribadavia para desfrutar dunha ginkana cultural organizada polo profesor de Xeografía e Historia.

MÁIS FOTOS NO ENLACE

SAMAÍN, MAGOSTO, HALLOWEEN 2016

 

 

 O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín, o magosto e halloween....houbo de todo: lectura de contos de medo, obra de teatro, exposición de cabazas, concurso de contos de misterio con premios incluídos (os premios tamén foron un misterio xa que non nolos ensinaron...sospeitamos que foron libros e cómics)....

 

 

As fotos poderedes velas nos enlaces adxuntos: enlace1 e enlace2

Grazas a todos por colaborar !!!!!

CONCURSO LITERARIO 17 DE MAIO

Bases:

Establécense dúas modalidades:

- Microrrelato de 33  palabras exactas.

- Haiku (poema breve de 3 versos, cun cómputo silábico exacto de 5-7-5, sen rima; a temática soe combinar a observación minuciosa dalgún detalle da  natureza ou do entorno xunto coa expresión dun estado de ánimo ou sentimento lírico)

Tanto o microrrelato como o haiku deben estar escritos en lingua galega e deben ser orixinais.

O prazo de presentación remata o luns 9 de maio.

En Primaria establécense dous premios por cada modalidade e aula e, en secundaria un único premio por modalidade e aula.

Os textos deben presentarse a limpo e con letra lexible, indicando nome e apelidos do autor/a, e o curso ao que pertence.

O xurado estará composto por profesorado do Centro e poderá declarar deserto un premio en calquera das categorías se así o estima oportuno.

A entrega de premios efectuarase o venres día 13 de maio durante o festival das Letras Galegas.

Actividades do Centro durante o curso 2009-2010

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN COLABORACIÓN CO COLECTIVO REMONTE.

Os nenos e nenas do centro desprazaronse a unha parcela en Lestrove para plantar carballos. Para ver as fotos click aquí.

 

 


 

CARREIRA SOLIDARIA EN
BENEFICIO DOS NENOS E NENAS DE COSTA DE MARFIL EN COLABORACIÓN CON SAVE
THE CHILDREN

Coordinados polo profesor José Manuel Penedo, os alumnos e alumnas do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón recadaron 387€ para esta ONG. Para ver as fotos click aquí. 

 


ENTROIDO 2010  

Xa podes ver aquí todas as fotos do entroido deste ano.


 

VISITA A ALLARIZ E AO CENTRO DE
EDUCACIÓN AMBIENTAL "O REXO"

Para ver as fotos click aquí


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet