Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Blogues

Curso de Capacitación Dixital

Ao longo do mes de Outubro poderás realizar con nós un curso de capacitación dixital de 30 horas de duración totalmente gratuíto e obter o certificado oficial correspondente. Se premes na imaxe descargarás o díptico informativo en pdf con toda a información sobre horarios e contidos.

Podes matricularte presencialmente na EPA de Ourense ou ben cubrindo e envíando o seguinte formulario

 

Inicio de curso. Horarios das distintas presentacións e comezo das clases

Información sobre as presentacións dos distintos cursos e os horarios nas que se realizan. Tede en conta que todas as presentacións terán lugar o luns día 11 de setembro agás as de Bacharelato que serán o día seguinte, martes 12. Finalmente os cursiños de idiomas e informática iniciaranse a partires do luns 18 de setembro.

PREME NA IMAXE PARA CONSULTAR CON MÁIS DETALLE

Información matrícula cursiños de idiomas e informática

Ao longo da tarde do vindeiro luns 11 de setembro publicaremos os distintos grupos e horarios nos que poderades matricularvos o vindeiro curso.

O prazo de matrícula abrirase o martes 12 de setembro ás 9 da mañá ata o xoves 14. Os distintos cursiños iniciaránse na semana do 18 de setembro.

Acude a matricularte cunha copia do teu DNI ou documento identificativo e cunha fotografía.


 

Matricula extraordinaria Setembro curso 2023-2024

O venres día 1 ábrese o prazo extraordinario de matricula para o curso 2023-2024. Anímate, ainda estás a tempo de estudar connosco o vindeiro curso!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

Aberto prazo de matrícula xuño

Xa aberto o prazo de matrícula de xuño para Eduación Secundaria, Presencial e Semiprencial, e tamén bacharelato. Acude a informarte á nosa escola.

Excursión alumnado de EBIS e Español á Ribeira Sacra e Castro Caldelas

Este xoves 15 de xuño amenceu un radiante e solleiro día, fantástico para que o alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais e de Español para estranxeiros, acompañados dos seus profesores, se dirixiran cara a Ribeira Sacra para embarcar no catamarán turístico e navegar polo fermoso canón do Sil. 

Tralo percorrido encamiñáronse cara a vila de Castro Caldelas onde, tras repor enerxías e pasear polo seu casco antigo, visitaron o seu Castelo. Un día de convivencia para rematar o ano académico.

O noso compañeiro Santiago enviounos estas fotografías para darnos algo de envexa...

 

   
   
   

Ultimas xuntanzas do curso dos clubs de lectura

Coa chegada do mes de xuño e o remate do curso ímoslle poñendo o ramo ás derradeiras lecturas deste curso académico. Ao longo desta semana celebramos as reunións para comentar as lecturas dos libros seleccionados: "Golpes de luz" de Ledicia Costas e "La trenza" de Laetitia Colombani. Para o vindeiro curso esperamos contar con máis alumnos e máis profes que se sumen ás nosas lecturas e ás nosas posteriores reunións.

4º B Quenda mañá: Xornal "EPAPU al día"

O alumnado de 4º B (César, Antonella, Lena, Daniel, Ignacio, Eduardo, Jonathan e Selenia) elaborou no 2º cuadrimestre un xornal, que titularon EPAPU al día, na asignatura de Lingua Castelá e Literatura. Mediante este proxecto, traballouse na clase diferentes aspectos da comprensión e expresión escrita, así como os xéneros periodísticos e a literatura do século XX. Durante o proceso, mostraron a súa creatividade, compañeirismo e traballo diario, que deu como resultado un xornal diferente e divertido. Convidámosvos a lelo!

 

Cerimonia de graduación promocións 22/23 da EPAPU

Onte mércores, vestimos as nosas mellores galas e achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para despedir como se merecen ás nosas alumnas e alumnos que acadaron o título de graduado da ESO ou de Bacharelato. O seu esforzo levounos a conseguir esta ansíada meta e desde a EPAPU animámolos a perseverar e encamiñarse cara novas desafíos. Noraboa a todas e todos. Foi un pracer tervos con nós!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut