Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Blogues

Xuntanza do clube de lectura de profes, analizamos "Las gratitudes" de Delphine de Vigan

O pasado mércores celebramos a segunda reunión do clube de lectura de profesores. Analizamos a lectura do libro da autora francesa Delphine de Vigan "Las gratitudes". Unha fructífera reunión para un libro que gustou moito entre tódolos integrantes do clube de lectura.

Nota informativa: Alumnado de 2º BAC con pendentes de 1º

Nota informativa importante para o aumnado de 2º de Bacharelato que ten materias pendentes do primeiro curso.

Preme na imaxe para ver o pdf en detalle

Recital Poético no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O vindeiro venres 24 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 19:30, colaboramos na organización deste marabilloso recital poético coordinado por Avelino Jácome e presentado por Marina Sánchez no que poderemos deleitarnos coa poesía de Fina Cruz, Olga Nóvoa, Piedad Valencia, María Victoria e Armando González.

Agardámoste o próximo venres!!!

Segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no Couto

Animate a participar na segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteuceu no Couto.

Trátase dunha actividade promovida pola Asociación de Veciños Loureiro en colaboración coa EPAPU Ourense, o IES O Couto e o Colexio Santo Ángel. Os relatos deben estar redactados en galego, ter unha extensión en torno ao folio e medio e, o máis importante, estar ambientados no barrio do Couto. Calquera dúbida pódecha aclarar o teu profesorado.

8-M: Día da Muller

O día 8 de marzo levouse a cabo un acto co alumnado para conmemorar o Día da Muller. No salón de actos leuse a traxectoria das mulleres ao longo das diferentes etapas históricas para demostrar que elas tamén foron protagonistas na historia. Así mesmo expúxose o significado do 8 de marzo e por que se escolleu ese día para celebrar o Día da Muller.

Finalizouse o acto cantando a canción "Puerta violeta" de Rozalén pois ten unha letra contra a violencia contra a muller. Un pequeno acto pero moi simbólico e representativo.

Calendario probas libres obtención graduado maiores 18 anos

 

Prazo de matrícula aberto a partires do vindeiro LUNS 6 de MARZO

 

Nova reunión do club de lectura de adultos da EPAPU

Onte 27 de febreiro reúnese novamente o club de lectura de adultos da Epapu para comentar o libro "Azucre" da autora coruñesa Bibiana Candia. A reunión fixose ao redor dun café, resultando do máis interesante posto que foi un libro que gustou en xeral moito entre os participantes. Este club vaise ampliando pouco a pouco e esperamos seguir disfrutando da lectura e do intercambio de impresións dun xeito tan fantástico.

Noite de teatro no Principal co noso alumnado

Este xoves 23 de febreiro todo o noso alumnado estaba convidado a asistir a representación da obra teatral "O soño dos vagalumes" a cargo do grupo de teatro de nais/pais da Universidade Laboral de Ourense. Unha obra creada por Ángeles Álvarez partindo do libro "As marías de Santiago" da autora Áurea Sánchez e na que se nos conta a historia de María e Coralia Fandiño Ricart.

A partires das 19:30 alumnado, profesorado e acompañantes fómonos achegando ata o Teatro Principal ata case ateigar o seu aforo. As máis de vinte persoas que integran este grupo fixéronnos desfrutar e permitiron que o noso alumnado se achege ao mundo do teatro. 

A continuación podedes ver unha pequena escolma de fotografías feitas polo noso compañeiro Santiago.

   
   
   

Entroido na EPAPU

Por fin chega o Entroido á nosa escola. Durante esta semana non te esquezas de cumprir cos mandatos do meco.

Distribuir contido


by Dr. Radut