Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Blogues

Acudimos ao encontro con Ledicia Costas

O pasado martes 24 de xaneiro, dúas alumnas do centro acudiron xunto coa profesora responsable María, ao encontro literario que tivo lugar no salón noble do Liceo de Ourense coa escritora Ledicia Costas. Representaron á nosa escola na tertulia literaria sobre a obra "Golpes de Luz" participando con outros membros de clubes de lectura de Ourense.

Matrícula 2º cuadrimestre para ALUMNADO DO CENTRO

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NO SEGUNDO CUADRIMESTRE PARA O ALUMNADO DO CENTRO QUE XA CURSOU ESTUDOS NO PRIMEIRO CUADRIMESTRE CON NÓS

FAI CLIC NA IMAXE PARA VER EN PDF

Primeiro ESA Noite: Representación teatral de historia grecorromana

O alumnado de 1º ESA da quenda da noite realizou unha posta en escena de diferentes feitos da historia de Grecia e Roma como as Guerras Médicas; a rivalidade entre Esparta e Atenas; o atleta que comunicou a vitoria en Maratón; o imperio de Alejandro Magno;  Xulio Cesar e Cleopatra; a chegada dos romanos á Península Ibérica atravesando o río Lethes (o río Limia); os pobos celtas que vivían na Península...todo un exercicio de creatividade con rigor histórico.

Toda a clase traballou buscando información, facendo decorados e imaxinando diálogos... O público disfrutou moito e por un momento sentíronse noutra época.

Os nervos eran moitos pero a ilusión puido con eles. Aprenderon doutro xeito. Experiencias que non esquecerán.

 

Bleidys de 1º ESA noite realizou unhas marabillosas maquetas dun templo grego e o Coliseo romano. Ela expuxo na clase unha presentación das culturas clásicas ofrecendo uns interesantes datos destas civilizacións. O traballo resultou moi atractivo e Bleidys demostrou ter grandes coñecementos.

 

 

 

 

"Os Camiños de Santiago" charla de Alberto Cacharrón no Proxecto Home

O pasado luns 23 de Xaneiro tivemos o pracer de escoitar e charlar con Alberto Cacharrón, que estivo no Proxecto Home para falarnos dunha das súas grandes paixóns: Os Camiños de Santiago. Moitísimas grazas.

A Prehistoria e a Antigüídade vista polo alumnado de 1º Noite da ESA

O alumnado de primeiro da Esa, quenda de noite, estudou a Prehistoria e a Historia Antiga dun xeito diferente. Reproduciron en maquetas fabricadas por eles mesmos con gran habilidade, como era a vida no paleolítico, no neolitico, en Exipto e Mesopotamia. Despois expuxeron todo o seu traballo demostrando haber aprendido moito.

Xuntanza sobre creación literaria no proxecto Home

O pasado martes dezasete deste mes no Proxecto Home tivemos unha xuntanza cunha parella de novos escritores que nos introduciron no difícil e interesante mundo da creación literaria narrando as súas propias experiencias tanto na produción como na edición de obras...dous aspectos descoñecidos e sorprendentes para os que alí nos atopábamos. Todo transcorreu nun clima agradable e participativo.....que esperamos volver retomar nalgún momento.

Moitas grazas Xabier e Alba.....

                   

Tertulias literarias

Onte 17 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de cuarto da ESA da quenda de Tarde e de primeiro curso de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria en galego sobre a obra "Golpes de Luz" de Ledicia Costas, xunto con outros centros educativos da cidade. A actividade foi todo un éxito contando cunha gran participación  e debaténdose moitos temas.

O vindeiro 24 de xaneiro haberá un encontro coa autora no Liceo de Ourense ás 18:00 horas da tarde ao que esperamos poder acudir.  Trátase dunha actividade moi motivadora para o alumnado e un xeito moi grato de animación á lectura. Por outra banda, o concello agasalla ao alumnado participante cun exemplar do libro, algo que tamén os motiva a participar. Esperamos seguir participando na vindeira tertulia, esta vez en castelán, que terá lugar no mes de abril.

 

Calendario exames finais da ESA e ESAD do primeiro cuadrimestre

Xa tedes publicado o calendario de exames finais do primeiro cuadrimestre tanto para a ESA como para ESAD

 

 No seguinte pdf poderás consultar a información

 

Feliz Nadal coa Árbore dos Desexos da EPAPU

Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu quixo felicitarnos estas festas dun xeito moi especial: a Árbore dos Desexos. Todo o alumnado e persoal da escola contribuíu escribindo nunha cartulina o seu desexo para o vindeiro ano e esa cartulina incorporouse á árbore de nadal colectiva da Epapu. Aquí tedes o fermoso resultado. BO NADAL!!!

Colabora coa operación quilo. Facemos Nadal.

A nosa escola tamén colabora coa Operación Quilo; campaña que, como tódolos Nadais, organiza a asociación Amencer contando coa colaboración de Cáritas. No pasillo da planta baixa está instalado un colector onde poderás deixar as túas aportacións: roupa, xoguetes... así como informarte das outras posibilidades de colaboración coa campaña: achega de donativos por Bizum, aghega económica nos locais da  asociación ou mediante transferencia á conta de Amencer, envío compra dende o super ao local da asociación directamente...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut