Skip to Content

Educación Física

Coloquio "Discamiño de Santiago" no IES A Sangriña

Esta semana tivemos a fortuna de contar no centro cuns conferenciantes moi especiais. Trátase dos participantes en "Discamiño de Santiago" un proxecto que naceu para facer realidade o soño de peregrinar de persoas con diferentes necesidades especiais. Arrancou no 2009 con Gerardo, un mozo xordo-cego que fixo o seu primeiro camiño de Santiago sobre un triciclo tándem. Foi unha actividade espectacular, emocionante e emotiva, e da cal o noso alumnado de 4º da ESO aprendeu moito sobre valores, solidariedade e espírito de superación.

 

 

Rafting en Arbo

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO gozou dunha xornada de rafting en Arbo, coa empresa Arrepions. O profesorado acompañante foi Amalio Verd, Samantha Thurson (auxiliar de inglés) e Susana Salvador. Descenderon polo río Miño, pasando por varios rápidos con cinco balsas neumáticas.

Velaquí unha pequena mostra. Podedes ver máis fotos na nosa páxina de Facebook.

Acampada nas Illas Cíes

Un ano máis, o alumnado de 1º de ESO marchou de acampada de fin de curso ás Illas Cíes, acompañado por Susana Salvador e Amalio Verd. Trátase dunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Educación Física na que se poñen en práctica actividades na natureza como aprender a montar e desmontar a tenda de campaña, andainas, xogos e deportes na praia, ruta nocturna co visionado das estrelas e constelacións, a concienciación no coidado e protección do medio natural (lembremos que as Cíes contan coa máxima figura de protección, parque nacional) ou a convivencia entre todas e todos. 

Fútbol gaélico

A finais de maio, o alumnado de 1º e 3º de ESO participou nunha mostra de fútbol gaélico no campo de fútbol. Contaron coa participación do noso auxiliar de conversación Josh Cryer, que forma parte do equipo de fútbol gaélico do Baixo Miño, Grovias F.G.

Distribuir contido


by Dr. Radut