Skip to Content

Educación Física

Visita ao ximnasio Domajo

Dentro do programa de actividades extraescolares do Departamento de Educación Física, estaba prevista a visita ao ximnasio Domajo, con 4º de ESO, que se realizou nos días 9 e 16 de maio.

Excursión en canoas

O pasado venres realizouse unha saída deportiva, unha excursión en canoas co alumnado de 2º de ESO, acompañado polo profesorado Susana Salvador, Amalio Verd, Menchu Costa e Josh Cryer.

Ruta polo Baixo Miño en bicicleta e piragua

Hoxe estase a levar a cabo unha ruta combinada en bicicleta e piragua polo Baixo Miño, organizada polo Departamento de Educación Física: en bici desde o instituto ata Vilanova de Cerveira, onde fixeron unha parada para repor forzas, e a seguir, realizarán unha baixada en piragua ata As Aceñas, con outro pequeno descanso e baño no río, para finalmente, pola tarde, emprender o regreso ata o instituto.

O alumnado participante, de 1º de bacharelato, está acompañado por Amalio Verd, Susana Salvador e Raimundo Fernández. 

 

Visita á Escola de Desporto e Lazer de Melgaço

Neste trimestre tivo lugar a visita á Escola de Desporto e Lazer da Universidade do Minho (Melgaço, Portugal). Foi unha saída didáctica organizada conxuntamente polos departamentos de Portugués e Educación Física para 1º de Bacharelato, e permitiu ao noso alumnado coñecer outras posibilidades formativas no país veciño. Durante a xornada, visitaron as instalacións, practicaron aeorbic, orientación... e tamén recibiron unha charla orientativa sobre os estudos que ofertan.

Distribuir contido


by Dr. Radut