Skip to Content

Educación Física

PRIMEIROS AUXILIOS: TÉCNICAS QUE SALVAN VIDAS

Conscientes da importancia da formación en primeiros auxilios, os departamentos de Bioloxía e Educación Física organizaron uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 4º de ESO durante o mes de maio, impartidos por José Palacios Aguilar, coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo (GIAAS) e profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 

Semana da Danza

O 29 de abril é o Día Internacional da Danza. No IES celebrámolo toda a semana con clases para toda a ESO a cargo de Rubén de Saa, bailarín, coreógrafo e profesor de danza.

Taller de hipopresivos.

Onte levouse a cabo un taller de hipopresivos nos grupos de 1° de Bacharelato, impartido polo antigo alumno Brais Castro, instructor de hipopresivos.

Andainas en Educación Física.

Para compensar un pouquiño o esforzo persoal e colectivo que supón este curso para toda a comunidade educativa, e especialmente para o alumnado, desde Educación Física están pondo o seu empeño en “cargar as pilas” realizando con frecuencia as súas clases en pleno contacto coa natureza. Velaquí unha mostra de andainas polo Trega.

Distribuir contido


by Dr. Radut