Skip to Content

Educación Física

Obradoiro de primeiros auxilios

Primeiros auxilios IES A Sangriña

Na mañá de onte, o alumnado de 2º de ESO participou no Obradoiro de Primeiros Auxilios, unha actividade moi importante organizada polo Departamento de Educación Física que pode chegar a axudar a protexer a vida dos seres queridos ou de outras persoas que teñan sufrido un accidente.

Impartida pola Cruz Vermella, a sesión tivo como obxectivo o coñecemento, por parte dos e das estudantes, da chamada conduta PAS (siglas de protexer, avisar e socorrer). Deste modo, os rapaces e rapazas recibiron formación teórico-práctica sobre como deben realizarse actuacións de auxilio con diferentes vítimas e en diferentes situacións de risco. Ademais de aprender cales son os números de teléfono de emerxencia máis útiles e como deben ser empregados, o alumnado recibiu tamén formación sobre soporte vital básico e RCP (reanimación cardiopulmonar).

TALLER DE BOXEO EN 1º DE BACHARELATO

TALLER DE BOXEO EN 1º E 2º DE E.S.O.

Este taller organizado polo Departamento de Educación Física e impartido por Charly López, campión galego e medalla de bronce na súa categoría, foi un éxito, o alumnado gozouno!

BOXEO NO INSTITUTO

Actividade de boxeo organizada polo departamento de Educación Física para 3º e 4º de ESO. 

Distribuir contido


by Dr. Radut