"Lobos sucios" en Multicines Norte


O venres 29 de abril os profesores Mario López, Agustín Nieto, Alfonso Álvarez e Antonio Giráldez acompañaron ó alumnado de 2º Bacharelato á proxección dunha película sobre a explotación do wolfram en Galicia nos tempos da Segunda Guerra Mundial.
A película, ambientada en distintas paisaxes mineiras de Galicia (Fontao, Casaio, Barilongo), tivo o interese de relacionarse co programa da materia de “Historia de España”, programa no que se recolle a política exterior do réxime de Franco durante a Segunda Guerra Mundial.  Ademáis de ter sido explicado nas clases e ata examinado ese aspecto da materia, o alumnado participou con moitas preguntas no coloquio que seguíu á proxección, coloquio no que lle puideron facer preguntas á guionista da película e a un dos seus actores. A alta participación dos nosos alumnos foi suliñada pola guionista e o actor que responderon ás súas preguntas.