Saída escolar á vila romana de Toralla


O xoves 5 de maio, o alumnado de 2º Bacharelato D fixo unha saída escolar á vila romana de Toralla acompañado polos profesores Pastora García Docampo e Antonio Giráldez Lomba.
A saída serviu para que o alumnado coñecera cómo vivían as clases altas romanas, cómo construían e cómo se distribuían as estancias das súas casa e incluso cómo aproveitaban e comercializaban os recursos do seu medio coma o sal. A arqueóloga e membro do Instituto de Estudios Vigueses Elisa Pereira nos deu unha explicación moi didáctica tanto das etapas históricas que coñeceu a vila e a investigación arqueolóxica que se fixo para chegar a súa musealización como dos elementos característicos da casa romana.