Mellores expedientes



O pasado 30 de xuño tres dos nosos alumnos participaron no acto de recoñecemento organizado pola USC.
Iván Cuntín, Laura Blanco e Ana Pou (non puido asistir) participaron neste evento de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia. Estes estudantes son os que acadan unha nota media de máis de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade. Asistiu tamén Julio Ástor, vicedirector do noso IES.