O noso alumnado de 1º da ESO asistiu á xornada de Galicia para descubrir interesantes proxectos nesta feira de innovación científica. Dirixíronse ata Ourense onde coincidiron con compañeiros do propio centro que estaban nun posto explicando o seu traballo.
Alumnado de 1º da ESO participou nas probas de Ligamats que se desenvolven na Escola Rosalía de Castro. Tiveron que resolver problemas de tangram, pentominos, cubo soma e un problema de lóxica que fixeron en grupo para atopar a solución entre todos xuntos.
O pasado venres 19, un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participaron na Olimpíada Matemática Galega 2024.
Para realizar as probas acudiron á Facultade de Matemáticas da USC e competiron contra outros case 150 alumnos de toda a xeografía galega. Nestas probas, que duraron toda a xornada, o estudantado participante enfróntase a un total de seis problemas, en que o enxeño e a creatividade xoga un papel importante cara a súa resolución.
Dende aquí queremos felicitar a Martín, Carlos, André, Sabela, Daniela, Juan José e Sergio. Estamos moi orgullosos dos vosos resultados e agardamos que esta sexa unha desas experiencias que non se olvidan da estapa educativa. Grazas, tamén, á nosa profesora Andrea por os acompañar e a Miguel por os preparar.
O 12 de Maio celébrase o día Escolar das Matemáticas, data que coincide co nacemento de Pedro Puig Adam, insigne precursos da didáctica nas matemáticas.
Para celebar dito día o alumnado do IES realizou unha actividade parecida os scape room, tiñan que traballando de forma colaborativa encontrar o código para abrir a caixa forte.
Lograron abrir a caixa?...
Preme aquí para velo
O pasado xovés 29 de Abril unha selección de 10 alumnos do IES Castelao presentaronse xunto con 35 alumnos máis doutros centros a Olimpíada Matemática Galega para 2ºESO organizada por Agapema.
A fase de clasificación da zona de Vigo da Olimpíada celebrouse no noso IES e consiste na resolución de 5 problemas de modo individual por cada un dos alumnos durante dúas horas.
Os alumnos que representaban o noso IES nesta proba foron:
- -Hector Míguez Ambrosio
- Aitana del Rocío Avendaño Jiménez
- Marta Benavides Viñas
- Noel Dios Costas
- Alejandro Hasmi Simón
- Anxo Pereiro Fernández
- Diego Pereira Liz
- Alejandro Rodríguez Rodríguez
- Martín Ruíz Juncal
- Sophia de Sousa Mendoza
Grazas por pasar unha tarde facendo problemas de matemáticas para representar o noso IES, para nós xa sodes Gañadores.
Unha Esopía é unha poesía que relaciona as cifras do número PI cas rimas ou prosas. Propúxoselle ó alumnado de 4ºESO e algún grupo de 3º e 2º ESO a participación en crear as súas esopías.
Entregáronse arredor de 50 esopías a cada cal máis enxeñosa, realizouse un concurso e os gañadores son:
- Como a Esopía que máis gustou o Departamento de Matemáticas:
"Cabaliños danzantes " de Uxía Rodríguez Gómez de 4ºESO C
- Como as Esopías con máis votos entre todo o alumnado do centro:
- En 4ºESO
"Auras del océano" de Uxía Couñago Calviño de 4ºESO C
"Verano" de Liam Blaney Barbosa de 4ºESO C
- En 3ºESO
" Viaje a Cuba" de Rogert Isaac Abreu Lavandeira de 3º ESO C
- En 2ºESO
"Los acertijos de Álex" de Taixa da Cunha da Silva de 2º ESO E
O xoves 15 de Abril de 2021 o alumnado de 3ºESO dos grupos B e C participou no concurs Matemáticas na Raia organizado por Agapema.
O alumnado acudiu ó centro en horario de tarde para resolver de forma cooperativa 5 problemas de matemáticas. Ditos problemas pasaban por empregar non só os contidos habituais traballados na aula senon a creatividade, enxeño e traballo en grupo.
Pronto saberemos os resultados, ¡Moita sorte!
Con motivo da celebración do "Día Internacional das Matemáticas", o día 12 de Maio o Departamento de Matemáticas organizou unha "Xornada de M4T3M4T1C4S D1V3RT1D4S" con xogos de enxeño para todo o alumnado da ESO.
O 25 de abril un grupo de alumnado de 2ºESO participou na “Olimpiada de Matemáticas - zona de Vigo”. Carolina Mariño foi seleccionada para a fase final galega que se disputará o vindeiro 23 de maio en Lugo. Tamén queremos agradecer a participación e o bo traballo de Naiara de Miguel, Yago Montiel, Sergio Pico, Sergio Puente e Joel Quevedo.