O noso alumnado de 1º da ESO asistiu á xornada de Galicia para descubrir interesantes proxectos nesta feira de innovación científica. Dirixíronse ata Ourense onde coincidiron con compañeiros do propio centro que estaban nun posto explicando o seu traballo.
Entre os días 19 e 20 de maio de 2022, un grupo de 29 alumn@s de Bioloxía
de 2º e 1º Bach., dividido en dous con Candela e Pablo -profesores no instituto desta materia- tiveron a sorte de poder realizar -coas preparacións previas en días anteriores-
O CURSO de BIOTECNOLOXÍA que dirixiron os científicos
O 11 de decembro alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2ºBAC, de Bioloxía e Cultura Científica de 1ºBAC e de 3ºPMR visitou as novas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Vigo ... "onde van parar as nosas augas ata que, xa tratadas, chegan ao mar"... Resultou unha visita do máis interesante.
Durante unhas semanas estivo connosco Irene Otero, alumna de prácticas do master de profesorado. Co alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato fixo un blog sobre a diversidade do reino animal na súa fisioloxía. En cada artigo hai unha introdución nunha das linguas faladas no noso centro como mostra da diversidade lingüística existente. Moitas gracias e moita sorte, Irene!
Aquí vos deixamos unhas fotos das charlas sobre animais que desenvolveron en febreiro varios alumnos de 1ºESO-B na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Daniel Martínez exerceu de coordinador e como axudantes interviron Iván Pérez, Iván García e Sergio Pico. A primeira charla titulouse "Espectáculo de pombas" e a segunda "Apicultura en Galicia".
O pasado 10 de novembro tivemos a sorte de contar coa gran deportista galega, -doble medallista no Campeonato Interfederativo Nacional de Espeleoloxía Tpv- María Luisa Barros Rodríguez, directora tamén da Escola de Espeleoloxía de Galicia.
Durante varios días estiveron expostos no salón de actos traballos feitos polo alumnado de 1ºESO baixo a coordinación das profesoras Leonor Torres e Manón Funes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os traballos versaron sobre o tema 1 do currículo "A Terra no universo" e consistiron en maquetas e carteis nos que se representaron Urano, Mercurio, o cometa Halley, Caronte, etc.
O 7 de xullo un grupo de alumnos e alumnas da eso e do bacharelato acudirón ó espectáculo científico "O cerebro. 15W de potencia" organizado pola Fundación Barrié.
O martes vinte do pasado mes de outubro, realizouse, coma os últimos tres anos, unha xornada de “Degustación de Froitas Exóticas”. Durante os dous recreos do día, os alumnos e personal do centro poideron degustar feixoas, guaiabas, fresas e outras froitas. As froitas foron doados, nunha cantidade certamente xenerosa que agradecemos, pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro dependente da Deputación Provincial.
Os alumnos de 1º de ESO estiveron a facer iogures para estudiar as bacterias. Hainos de tódolos sabores e cores e están riquísimos ...